NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Información sobre a manifestación  en defensa do ensino público

Estimadas familias.A Plataforma Galega en defensa do ensino público chama a toda a comunidade educativa a manifestarse contra os recortes o próximo 26 de outubro.

A mobilización terá lugar en Compostela con saída ás 12 da Alameda e haberá servizo de autobuses desde distintas partes do país

A decisión vén motivada por un inicio de curso convulso, marcado polo contraste entre a propaganda da Consellaría e as protestas máis numerosas dos últimos anos protagonizadas polas ANPAs e polos centros educativos ante a falta de profesorado, sobre todo de especialistas para a atención á diversidade nos colexios de infantil e primaria, así como pola desatención absoluta ás demandas de alumnado e profesorado dos centros de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial. As organizacións convocantes queren pór de manifesto que a situación do ensino público non fixo máis que deteriorarse nos últimos anos con menos docentes (desmontando as cifras da Consellaría), máis materiais afíns e docentes compartidos por varios centros, menos especialistas para a atención á diversidade, máis burocracia e menos recursos públicos.

Animámosvos a participar, para defender un ensino público e de calidade.

Saúdos.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb