Estimadas familias.
Dado que as listaxes de alumnado inscrito nas actividades extraescolares non sairán publicados ata xullo, facemos un adianto de como pode quedar o organigrama de actividades en canto o número de prazas ofertado e ás inscricións recibidas.
SEN CONTABILIZAR AS INSCRICIÓNS FEITAS FORA DE PRAZO
ELIMÍNANSE por falta de inscrición:
- BALLET – PRIMARIA
- PANDEIRETA E CANTO
NON ACADAN O Nº MINIMO DE PRAZAS:
- XADREZ (de non acadar o número mínimo para o seu funcionamento, suspenderíase)
- RÍTMICA(de non acadar o número mínimo para o seu funcionamento, suspenderíase)
Se alguén está interesado en algunha destas actividades, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.
QUEDAN PRAZAS EN:
- ROBÓTICA: grupo de 4º a 6º de Primaria
- PINTURA: grupo de luns e mércores as 17:00h
- NATACIÓN: grupo de xoves ás 17:15h
- NATACIÓN: grupo de venres ás 17:15h
Se alguén está interesado en algunha destas actividades, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.
MODIFICACIÓN DE HORARIO:
- Natación grupo de martes pasa ás 16:30
LISTA DE AGARDA (non admitidos) EN:
- BAILE MODERNO: grupo de 1º a 3º de Primaria, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:52.
- MULTIACTIVIDADE: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:28.
- PSICOMOTRICIDADE: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:35.
- PINTURA: grupo de luns e mércores as 16:00, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:28.
- PINTURA: grupo de xoves as 16:00, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:33.
- ROBOTICA: grupo de 1º a 3º de Primaria, desde a inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 12:34.
- TEATRO: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:30.
Posibilidade de organizar un novo grupo, os martes e xoves de 17:00 a 18:00
Se alguén está interesado, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.
- NATACIÓN: grupo de venres as 15:45, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:24.
- NATACIÓN: grupo de venres as 16:30, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:55.
As solicitudes recibidas EN PRAZO, para as actividades que non se nomean así como comedor e madrugadores considéranse admitidas.
A primeiros de xullo, publicaremos as listaxes de admitidos, pero podedes anticipalas comprobando o horario de envío da vosa inscrición coa hora de corte que amosamos.