NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

INSCRICIÓN 2025/2026

Bo día,

Lembramos que mañá, día 22 de maio, ás 11:00 h, abrirase o prazo de inscrición nas actividades e servizos organizados pola ANPA para o vindeiro curso 2025/2026.

En cada solicitude aparecerá un resumo das actividades e servizos solicitados. Antes de enviar a solicitude, por favor, comprobe:

  • Que o resumo é correcto (que coinciden as actividades e o grupo de idade no que desexa inscribir o/a alumno/a).

Teña en conta que:

  • O correo de confirmación pode tardar un tempo en chegar.
  • No momento en que envíe a solicitude, verá no seu dispositivo unha mensaxe que indicará «foi enviado correctamente». Con esa mensaxe debe estar seguro de que a recibimos (non envíen solicitudes repetidas).
  • Para que a información da ANPA lle chegue correctamente, é moi importante que os correos electrónicos proporcionados na inscrición non teñan ningún tipo de filtro (lista Robinson ou similares). Tamén é posible que os correos cheguen á carpeta de Spam, polo que lle recomendamos que marque como coñecidos os correos da nosa asociación para asegurarse de que cheguen sen problemas.

Un saúdo

Horarios infantil e primaria 25-26

Normativa 2025-2026

Prezos 2025-2026

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb