Bos días, familias.
Ante o novo incumprimento dos prazos de devolución das cotas de baloncesto, a falta de resposta por parte de entidade e a solicitude de axuda por parte de moitos de vós, tomamos as seguintes medidas:
-Solicitar unha entrevista coa Concelleira de Deportes para poñer no seu coñecemento a situación actual e a maneira de proceder desta fundación. O pavillón é do Concello e decide quen fai uso del e en que condicións.
-Difusión nos medios.
-De non surtir efecto, como representantes vosos, emprenderemos as accións legais que nos amparan para o resarcimento destas cuantías.
A última resposta do responsable de Fedesa foi que estaba efectuando os pagos.
Se a algún de vós non lle foi devolta a cota do curso 2020/21 o vindeiro luns 14 de decembro, achegádenos un correo co nome do neno matriculado, grupo no que participa e cantidade adeudada.
Unha aperta.