NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Novas sobre o inicio de curso

Boas tardes.

 

Agardamos que todos esteades ben.

 

Desde a Anpa queremos informarvos de todas as medidas e xestións que estamos a acometer para poder seguir prestando os nosos servizos, respectando todas as medidas indicadas polas autoridades sanitarias.

 

Celebramos unha xuntanza con mestres e Consello Escolar, contactamos coa subdirección de comedores e contratamos cunha empresa de riscos laborais (Norprevención), para elaborar un protocolo propio que sexa aprobado polo centro.

Este novo tempo traerá consigo novas rutinas e novas medidas e cando esteamos en condicións de falicilitar o protocolo e ratios definitivos, farásevos chegar.

 

Podemos anticipar que hai Anpas que renunciaron a organizar servizos (extraescolares) ante a negativa a asumir responsabilidades, que no caso de producirse algunha incidencia, repercutirían na directiva e presidencia. Somos conscientes do importante que é seguir realizando a nosa labor, pola conciliación das familias e pola cobertura laboral dos nosos traballadores, pero coa certeza do cumprimento de todas as medidas sanitarias.

 

O colexio facilitará, cando o estime oportuno, as novas relativas á flexibilización de entradas e saídas, accesos diferenciados, disminución da mobilidade, titorías…todas encamiñadas a manter a burbulla de seguridade. Pero nós avanzamos as nosas.

 

Formaremos parte do Equipo Covid do centro que coordinará esta normalidade, debemos costear o material necesario para impartir os servizos (mamparas, mascarillas, xeles…), xa que a administración so realizará un envío inicial de algunhas delas. Estamos facendo aprovisionamento do mesmo.

 

O número de usuarios do comedor veráse diminuído drásticamente e trataremos de dar cobertura á maioría dos matriculados en prazo, realizando 2 quendas, en coordinación co centro.

 

O número de usuarios das extraescolares por aula tamén se verá afectado, polo que estamos a valorar a capacidade e a dispoñibilidade dos monitores para impartir as clases nestas condicións. Algunhas delas serán complexas, porque o seu desenvolvemento impide manter a distancia de seguridade.

 

Trataremos de manter, no posible, os prezos anteriores ou minimizar estos sobrecostes que relatamos.

 

Informaremos ás familias excluídas dalgunha actividade ou servizo en canto o escenario se vaia clarificando, xa que nos queda un mes de agosto duro por diante.

 

Ánimo e moita forza

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb