Bos días, familias.
Queremos avanzarvos unha nova de interese, antes de que se abra o proceso de matriculación dos nosos servizos para o vindeiro curso 2021/2022 e sempre que a situación sanitaria o permita.
-
- As actividades extraescolares a realizar no pavillón, no horario de 16:00h a 18:00h estarán organizadas pola ANPA A FERRADURA, e rexeranse polos mesmos criterios que as que se veñen desenvolvendo no centro.
- A ANPA encargarase da inscrición e cobro da actividade. O pago será mensual, con posibilidade de baixa avisando na primeira quincena do mes anterior.
- Os monitores necesarios para a realización da actividade serán seleccionados e contratados pola ANPA.
- So pode asistir alumnado do CEIP PIO XII.
- Actividade de baloncesto Mini e Premini para o alumnado de 3º, 4º, 5º, 6º de PRIMARIA:
– O alumnado que queira federarse para competir co club de FEDESA, adestrará no pavillón no horario establecido para o seu grupo.
-
- O alumnado que xoga en liga galega e teña que adestrar nunhas condicións diferentes, ou se non se forma un grupo mínimo para competir, ten a posibilidade de facelo despois das 18:00 inscribíndose en FEDESA. Non será xestionado pola ANPA.
- Tódalas xestións derivados da federación: partidos, arbitraxes, material… corren a cargo de FEDESA. (Os pais/nais so nos abonarán a mensualidade)
- O equipamento será adquirido polos país/nais.
- FEDESA indicaralles lugar de compra e custo, que en ningún caso superará os 50,00€. Esta constará de:
Camiseta reversible azul e branca
Pantalón branco
Camiseta quecemento de manga corta.
So será necesaria para os equipos de «mini».
Os horarios serán:
LUNS E MÉRCORES 16:00 ————————FUTBITO 3º E 4º PRIM.
LUNS E MÉRCORES 17:00————————-BASKET MINI 5º E 6º PRIM.
MARTE E XOVES 16.00 —————————-PREDEPORTE 1º E 2º PRIM.
MARTES E XOVES 17:00 ————————–BASKET PREMINI 3º E 4º PRIM.
VENRES 16:00 —————————————-PREDEPORTE – INFANTIL
(Non se formará grupo con menos de 10 alumnos/as)