Estimadas familias,
A administración designou ós Equipos Covid como máximos responsables da prevención, hixiene e promoción da saúde en cada centro.
O director, dous mestres e un membro da Anpa, confórmano no noso caso. Determinando as medidas, ratios e rutinas de obrigado cumprimento.
Queremos destacar as dificultades organizativas que estamos a pasar e as responsabilidades sobrevindas, que provocaron a anulación dos servizos das Anpas nesta e noutras provincias.
Aceptamos o reto de inicialo curso coas medidas necesarias e o menor impacto para as familias e o alumnado.
Facémosvos partícipes dos elevados custos (1500€ mamparas, 1400€ material sanitario, persoal…) non cubertos pola administración e da diminución dos ingresos (por un número menor de usuarios), pero decidimos mantelos prezos das actividades. Este ano será deficitario, pero entendemos que o aforrado en tesourería está para cubrir estas continxencias, nun momento económico tan delicado para as familias.
Se ben a nosa intención é poder ir normalizando as medidas nos vindeiros meses, o certo é que en setembro trataremos de empezar do seguinte xeito:
MADRUGADORES:
Recibirase ao alumnado na porta de entrada, cumprimentando o rexistro de chegada, toma de temperatura e hixiene de mans antes de acceder o interior. É obrigatorio que o alumnado vaia acompañado ata a porta de recepción. Con todo, os pais, nais ou titores legais non poderán, en ningún momento, entrar ao interior do centro.
Na zona destinada a madrugadores o alumnado estará sentado por cursos e aulas, mantendo o distanciamento.
Non terán acceso a ningún tipo de material que se poida compartir. Cada alumno/a so poderá utilizar os libros ou xogos que teña na mochila sen compartilos en ningún momento cos seus compañeiros, aínda cando sexan do mesmo grupo.
O acceso á aula farase seguindo o protocolo establecido polo centro para as entradas. Os monitores acompañaran os diferentes grupos no horario establecido polo centro ao punto de recollida.
Elimínase, ata novo protocolo, a opción de esporádicos.
COMEDOR:
Esta admitido todo o alumnado inscrito en prazo.
Faranse dúas quendas de comida segundo a hora de entrada no centro. Así pois comerán na 1º quenda o alumnado que empeza o horario escolar as 8:50; e, na 2º quenda, o alumnado que entra máis tarde.
Elimínase, ata novo protocolo, a opción de esporádicos.
1º Quenda: 13:50
- Recollida dos distintos grupos burbulla na porta da aula e acompañamento o comedor, utilizando mascara polos corredores e o distanciamento entre os grupos.
- Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
- Hixiene de mans antes de sentarse.
- Colocación por grupos burbulla gardando o distanciamento de 1 metro entre alumnos/as e separación con mamparas co compañeiro/a de enfronte.
- Elimínase a opción do cepillado de dentes.
- Rematado o xantar, iran saíndo en orde e por grupos para os patios de recreo establecidos polo centro para tal fin.
- Desde a saída da aula ata a recollida ou entrada nas actividades, os grupos permanecerán sempre co mesmo monitor.
- A recollida do alumnado da 1º quenda pódese facer nos patios establecidos a partir das 14:30h.
- Desinfección da zona de comida e montaxe.
2º quenda: 14:40
- O alumnado da 2º quenda agardará nos patios establecidos polo centro para recreos, acompañados de monitores.
- Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
- Realizarase a hixiene de mans, e accederase ao comedor con máscara, gardando o distanciamento entre os diferentes grupos burbulla.
- Elimínase a opción do cepillado de dentes.
- A recollida de alumnos farase nos patios de recreo sen acceder en ningún momento ao centro nin as zonas destinadas ao alumnado.
- O horario de recollida establecese desde as 15:30 ata as 15:50. Despois desta hora só poderá permanecer no centro o alumnado que teña actividades extraescolares.
O alumnado de fóra de prazo queda en espera de modificacións no protocolo covid ou posibles baixas no alumnado admitido.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
Tódolos monitores que imparten actividades deben cumprir o protocolo covid establecido para o curso 2020/2021:
- Medidas de hixiene de mans, antes da entrada na actividade.
- Uso de máscara tanto nos corredores como no espazo destinado a realización da actividade;
- Distanciamento: a separación establecida dentro da aula para o alumnado é de 1,5m. entre cada alumno/a Así mesmo, será obrigatoria a máscara. Esta medida conleva a redución do número de alumnado nos diferentes grupos de actividades que se poderán levar a cabo.
- NON se poderá utilizar ningún xogo ou material para compartir entre o alumnado.
Polo dito anteriormente, quedan pendente de inicio, ao NON poder cumprir as medidas covid establecidas para o curso, as actividades de:
- Non se pode garantir o cumprimento das medidas establecidas para o protocolo covid.
- Robótica Non se pode garantir o cumprimento das medidas establecidas para o protocolo covid.
- O número de alumnado inscrito non acada o mínimo establecido para realizar a actividade.
ACTIVIDADES QUE SUPERAN O AFORO ESTABLECIDO POR PROTOCOLO COVID:
Pintura: capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 14 alumnos/as. Actualmente, existen as seguintes inscricións:
- Inscritos no grupo de luns e mércores: 23 alumnos/as.
- Inscritos grupo de xoves: 20 alumnos/as.
Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:
- Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 14 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
- Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:
- Grupo de 2 días/semana: opción luns e mércores ás 17:00h.
- Grupo de 1 día/semana: opción xoves ás 17:00h.
- Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os/as alumnos/as inscritos en Pintura (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.
Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.
Xadrez. Capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 14 alumnos/as. Actualmente, existen as seguintes inscricións:
- Inscritos, grupo de luns e mércores 23 alumnos/as.
Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:
- Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 14 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
- Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:
Grupo de 1 día/semana, opción luns as 17:00h.
- Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os alumnos inscritos en Xadrez (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.
Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.
Ballet– Grupo de 1º a 3º de Primaria. Capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 12 alumnos/as.
- Inscritos: grupo de 1º a 3º PRIM. Martes e xoves as 16:00h, 20 alumnos/as.
Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:
- Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 12 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
- Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:
- Grupo de 2 días/semana: opción Martes e xoves ás 17:00h.
- Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os alumnos inscritos en Xadrez (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.
Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.
As actividades de: Baile Moderno, Natación, Multiactividade, Psicomotricidade, Inglés, Teatro, Ballet Infantil, Patinaxe, Hockey-patins, e Instrumento, realizaranse ( se as circunstancias o permiten) co alumnado inscrito en prazo.
O primeiro día de curso, os monitores/as de actividades informarán ás familias do desenrolo de cada actividade e protocolos a seguir.
Calquera dubida ou xestión que se necesite, debe facerse preferentemente por teléfono ou por correo electrónico. Tamén estaremos na escola cun horario de atención ao publico aínda por determinar.
Tódalas medidas expostas para a realización de actividades extraescolares, quedan pendentes de aprobación polo equipo covid. Do CEIP PIO XII.
Atentamente,
ANPA A Ferradura. CEIP Pío XII.