Bos días.
Queremos informarvos de que imos atrasar a apertura do período de inscrición nas nosas actividades, aínda que o colexio determinase o 11 de maio como o seu e nós adoitaramos facelo sobre mediados de maio.
Entendemos que é imposible saber como afectará a «nova normalidade» que se aveciña para o próximo curso aos vosos traballos, horarios, conciliación…e, por tanto, como reservar os servizos que necesitaredes.
Esperemos que cando nos vexamos obrigados a abrir o devandito período, porque a xestión e contratación dos nosos servizos require duns tempos mínimos, teñamos tod@s máis certezas que dúbidas. Iso si, sempre estarán suxeitos aos requisitos impostos polas autoridades sanitarias.
Aproveitamos para informarvos de que a devolución da media mensualidade de marzo realizarase nunhas semanas. Son centos de usuari@s en numerosas actividades e a súa elaboración debe ser manual.
Un abrazo forte e os nosos mellores desexos para vós e os vosos.