Recollemos a testemuña, aínda que moitos somos membros dende fai anos, da xestión da nosa asociación.
Entendemos esta labor coma unha carreira de relevos na que cada posta debe facerse coa máxima enerxía e implicación, deixando paso ó seguinte se a forza diminúe e redundando no mellor resultado final posible.
Asumimos a responsabilidade de servir de enlace entre @s nais/país e o centro, pero tamén de contrapeso ante distintas visións doutros membros da comunidade educativa. Entendendo que a meta común é a busca da excelencia (sinerxia).
Seguiremos a manter unha comunicación aberta con vós, a través da web ou do correo, para someter a debate o catering, as obras ou a avaliación das actividades (transparencia). A adoptar decisións coma o cambio de botellas de auga do comedor por fontes purificadoras (conciencia medioambiental). A abordar cuestións inherentes á nosa comunidade dende un punto de vista inclusivo (equidade) e de adaptación ás circunstancias do noso día a día (resiliencia). A mellorar as instalacións (pintado, ventilación, habilitación de espazos…) na busca do mellor hábitat posible, para que nen@s e traballadores poidan sentirse cómodos, seguros e explotar as súas capacidades (confort). A utilizar elementos de presión fronte á inacción das administracións no relativo ó mantemento do pavillón, parque infantil, aparcamento…(visibilidade).
Nada será posible sen o voso pulo, todo será factible coa vosa implicación.
Grazas polo voso tempo. Vémonos no colexio.