NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

RECORDATORIO DA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

 Lembramos a todos/as a CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.

Convócase asemblea xeral ordinaria da ANPA ‘A Ferradura’, a celebrar no Salón de Actos do CEIP Pío XII o xoves 5 de outubro ás 16.00 horas en primeira convocatoria (para o que sería preciso a presenza da metade de socios/as da Anpa) e ás 16.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea ordinaria do 9 de maio de 2023.

2. Exposición e aprobación, se procede, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2022-2023

3.- Convocatoria de eleccións da Xunta directiva. As persoas interesadas en presentar candidatura propia ou en sumarse á xunta elixida deberán trasladar as súas propostas a través do correo electrónico da Anpa (anpaferradura@gmail.com) ou directamente nos locais da Anpa.

4. Explicación do estado actual de obras desenvolvidas no centros, con particular atención ás realizadas en comedor e no Pavillón deportivo

5. Rogos e preguntas.

Co fin de facilitar a asistencia podedes dispoñer do servizo gratuito  de ludoteca  durante o tempo de asemblea.

Atentamente, o presidente.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb