NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Reto Matemático

RETO DE MATEMÁTICAS
UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN


Durante o pasado festival de Nadal, e despois das actuacións do alumnado de primeiro e segundo de primaria, tivo lugar a entrega do premio á mellor postal de nadal. Nese preciso momento comezamos unha serie de conversas para chegarmos a unha proposta de retos periódicos de matemáticas, que tivemos que desbotar por falta de tempo. Pero consideramos que é posíbel abordar un reto para o nadal e logo valorar se continuamos.


O nivel da tarefa/reto estará adaptado ao alumnado de educación primaria, tomando como referente unha das moitas actividades que ten publicadas para o currículo británico a University of Cambridge.


Daremos un prazo desde que a dirección do centro remita e publique o reto ata o 9 de decembro para presentar solucións (recolleranse vía o profesorado nas distintas aulas). Despois valoraremos as respostas e daremos un premio, coa colaboración da ANPA, durante o festival de nadal.


En relación co reto, consideramos que convén unha certa combinación entre o modelo competencial e o modelo clásico. En calquera caso, tentamos que sexa atractivo para alumnado con idades entre 6 e 12 anos de idade. O que se formula pode ser resolto con lapis e papel e tamén de xeito manipulativo, p.ex. con policubos, que é unha opción altamente recomendada para alumnado desde primeiro a cuarto, e incluso para o
alumnado de quinto e sexto de primaria.


O alumnado terá que formar parellas ou grupos de tres (cun alcume que os iden:fique) formados por polo menos dúas persoas de xéneros distintos. Poden grampar as súas solucións ao enunciado, onde xa hai un espazo para indicar o curso, o grupo, así como o nome das dúas ou tres persoas que participarán. No caso de seren unha parella, non teñen que sinalar nada no espazo para a terceira persoa participante.


Trátase dun reto que implica ler ben o enunciado e pensar ben o que se pide, pois pode haber datos superfluos. Ten tres niveis dis;ntos. En principio o reto 1 debera ser para alumnado de primeiro e segundo curso; o segundo reto para terceiro e cuarto; finalmente, o terceiro reto para quinto e sexto. Obviamente o grao de madurez inflúe e non pasa nada se o alumnado non é quen de resolver o reto inicialmente do seu nivel, ou se alumnado p.ex. de segundo quere resolver (e resolve!) o terceiro reto. O importante é tentalo e pensar e reflexionar sobre cada pregunta que se lles fai. Convén reforzar positivamente cando tentan facer cada un dos retos. Nesta proposta é posíbel distinguir distintos dominios cognitivos.

Descargar o Reto Matémático

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb