Estimadas familias.
Esta semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que este venres día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus país, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores.
Para elo reservaranse zonas de estacionamento nos puntos de encontro ( sinalados no mapa ) para que @s acompañantes d@s menores podan deixar os seus vehículos mentras dure a actividade. Nestes puntos haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar @s participiantes ata ó colexio.
O punto de encontro para o colexio Pío XII son¨
-Avda. de Vigo no tramo comprendido entre a avenidas Novoa Santos e Angel Jorge Echeverry.
A saída producirase aproximadamente entre as 8:40-8:45
Desde a Anpa animámosvos a participar de forma masiva, a ver se así lles facemos ver ás autoridades que tendo un «colecamiños» acompañado ( algo que levamos reivindicando desde hai tempo ) as familias farían uso del, e conseguir con iso liberar de coches a contorna do cole. Que se queremos unha contorna máis amable para @s nen@s non só necesitamos a implicación das familias, se non que tamén o apoio das administracións achegando medios á causa.
Seguindo co da semana da mobilidade, este domingo e luns un pai do cole ( darlle as grazas por iso ) vai facer medicións da calidade do aire en colaboración coa asociación Composcleta. Con iso quérese comprobar a diferenza da calidade do aire da contorna do cole entre un domingo, día de pouco tránsito, e un luns á primeira hora cando a contorna do colexio énchese de coches con familias deixando aos seus nen@s. As medicións faranse o domingo e o luns ás nove da mañá para que sexan un fiel reflexo da realidade.
E xa para rematar, desde a asociación Composcleta anímannos a participar este domingo nun evento que organizan, anéxase o cartel.
Saúdos.
![](https://anpaferradura.es/wp-content/uploads/2024/09/IMG-20240918-WA0007-1030x1030.jpg)
![](https://anpaferradura.es/wp-content/uploads/2024/09/IMG-20240919-WA0001-1030x746.jpg)