Bos días, familias.
Queremos informarvos de que este ano, por motivos evidentes, non poderá haber xornadas de portas abertas no comedor.
Desde fai anos, levamos a cabo esta práctica para que coñezades de primeira man en que condicións se desenvolve o servizo e degustedes un menú completo. Víñase facendo ó longo de varias semanas e tiña unha gran acollida, xa que participaban non menos de 50-60 de vós.
Mantendo esa idea de supervisión do servizo, 3 membros da nosa directiva (un deles con formación nutricional) acudiron 2 días distintos e o resultado foi satisfactorio.
O cumprimento das directrices alimentarias da Xunta, respecto á comida, e do Protocolo Covid do centro, respecto ó servizo, é estricto.
Detectáronse pequenas cuestións mellorables (temperatura baixa dalgunha comida de culler, incorrecto nomeamento dalgún prato, utilización dalgún tipo de arroz que se apelmace menos…) e foron subsanadas pola empresa de Catering.
Queremos destacar que o grado de receptividade e interacción co Ruta Xacobea é moi positivo. Tamén a labor e organización dos monitores, traballando nunhas condicións mais complexas que as anteriores e cun número elevado de comensais.
Trataremos de non baixar a garda e mantervos informados.
Un saúdo.