NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Supervisión en control dos menús do comedor.

Bos días, familias.

Neste curso non puidemos celebrar as xornadas de portas abertas para vós no comedor, por motivos de todos coñecidos, pero eso non implica a non supervisión e control do servizo e os menús.

Informámosvos de que tres dos membros da directiva acudiron, en dúas xornadas distintas, a degustar a comida e valorar o servizo. O resultado foi positivo e non distou do de anos anteriores.

A semana pasada outro dos nosos membros, con formación alimentaria específica, reuniuse coa empresa de catering (Ruta Xacobea).

Realizan reunións semestrales in situ, coa nosa coordinadora e un de nós, para actualizar o menú para os períodos de outono-inverno e primavera-verán.

Optimízanse en función dos gustos maioritarios, podendo ser modificados segundo a aceptación e os nosos comentarios.

A base é a dun menú saludable e equilibrado en nutrientes, que non precise ser complementado na casa.

Ante a petición de algúns pais e nais de baixar a cantidade de verduras, non sendo esto posible, aceptan presentalas mais cortadas e enmascaradas en salsas.
Confirman que as verduras son cocidas ó vapor, provando unha película envolvente e aproveitando ó máximo os nutrientes.

Agardamos que o próximo curso poidamos volver a realizar as comentadas xornadas de degustación do menú, ás que acudiades en gran número. Pero, mentres tanto, queriamos informarvos das accións adoptadas.

Un saúdo.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb