NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Xestións varias

Bos días, familias.
Aproveitamos esta vía para informarvos dun par de xestións realizadas, que aínda que alleas a nós, nos foron solicitadas por varios pais.
A devolución da matrícula de 80e realizada en xuño para a actividade de baloncesto que xestiona a Fundación Fedesa.
Foron moitos os pais que a solicitaron por varias vías (teléfono, correo e presencial) sen obter resposta e aumentando o seu malestar.
Contactamos con eles e a resposta foi que están agardando á concesión dalgún espazo para realizar a actividade por parte do Concello. Se non fora así, devolverían a cota no próximo mes. Trasladamos a idea de que a maioría dos pais non queren iniciar a actividade e solicitan a devolución íntegra. Estaremos pendentes.
A compra de purificadores de aire que substitúan as xanelas abertas nas aulas. Informámonos de prezos, eficacia, potencia, permisos de instalación… trasladámolo ó Consello Escolar do 13 de outubro e non foi aprobado.
O prezo dos aparatos estaría nos 360e (aparato e 2 filtros nun ano) que, multiplicado por 27 aulas, rondaría os 10.000e. Para evitar unha situación discriminatoria debería haber quorum entre todos os pais do centro, se quixeran custealo a nivel particular.
A eficacia, según un informe da OCU, de 28 de maio de 2020, é limitada e so serviría como complemento a outras medidas.
A potencia eléctrica dispoñible no centro é moi escasa. Fai 3 anos quixemos mercar un aparato de aire acondicionado para o comedor e tivemos que poñer uns ventiladores de baixa potencia, por este motivo. Cando hai festivais no pavillón (con altofalantes e aparellos electrónicos), hai que apagar outros doutras estancias.
Tal vez noutros centros mais pequenos ou sen estas limitacións se mercaron, pero no noso caso non é posible. Aínda así, informámonos, xestionamos a reclamación e trasladamos a resposta.
Unha aperta.

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb