Ciclo de charlas en xaneiro

Estimadas familias.

En xaneiro imos empezar un ciclo de charlas de diversa índole, tratando temas que están moi de actualidade e das cales nos mostrastes a vosa preocupación. Desde o primeiro momento pensamos que a mellor ferramenta que vos podiamos ofrecer respecto diso é a información. Imos tentar tratar ese tipo de temas ou problemáticas desde un punto de vista obxectivo e profesional.

Empezaremos o mércores 10 de Xaneiro ás 16:00 horas cunha charla relacionada coa visión, e de como afecta os ollos o uso de pantallas por parte d@s nos@s nen@s, non só dentro do centro educativo. 

Trataranse temas como: fatiga visual, luz azul e ergonomía.

Animámosvos a que veñades e resolvades calquera tipo de dúbida.

Información pavillón

Achegamos información do Concello.

O alumnado estará atendido polos monitores da anpa noutro espazo

  Bo día, polo presente email, informamos que o pavillón do CEIP Pio XII, estará pechado para finalizar as obras pendientes os días 27,28 e 29 de novembro. Con esta actuación debería darse por finalizada a obra e poder disfrutar da instalación con normalidade.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo

Ligazóns de Telegram modificadas

Estimadas familias.

Comunícannos, que a ligazón que vos enviamos onte para acceder ao grupo de Telegram creado pola Anpa non funciona, por tanto creamos dúas ligazóns novas:

https://t.me/AnpaAFerradura

https://t.me/+4CYxvTFIQEtlMGZk

Á súa vez se queredes podedes buscar o grupo no buscador de Telegram, poñendo: AnpaAFerradura 

Tal cal como se escribe.

Perdoar polas molestias causadas. Saúdos

Canle de Telegram

Prezadas familias,

Acabamos de estrear unha canle de Telegram coa que agardamos poñer á vosa disposición unha ferramental útil e áxil de comunicación. A nosa intención é utilizar esta canle como medio para trasladarvos cuestións de actualidade sobre a ANPA así como información de utilidade tanto da asociación como daquelas actividades ou iniciativas que poidas ter interese para as familias.

Consideramos que deste xeito poderemos compartir con vós cuestións de actualidade coa máxima axilidade. Para poder acceder a ela unicamente debes contar coa aplicación de Telegram e no apartado de busca introducir Anpa A Ferradura, para solicitar a subscrición. Tamén podes solicitala a través desta ligazón https://t.me/+NTiVjkNpNZ1iY2Y0.

Saúdos

RECORDATORIO DA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

 Lembramos a todos/as a CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.

Convócase asemblea xeral ordinaria da ANPA ‘A Ferradura’, a celebrar no Salón de Actos do CEIP Pío XII o xoves 5 de outubro ás 16.00 horas en primeira convocatoria (para o que sería preciso a presenza da metade de socios/as da Anpa) e ás 16.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea ordinaria do 9 de maio de 2023.

2. Exposición e aprobación, se procede, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2022-2023

3.- Convocatoria de eleccións da Xunta directiva. As persoas interesadas en presentar candidatura propia ou en sumarse á xunta elixida deberán trasladar as súas propostas a través do correo electrónico da Anpa (anpaferradura@gmail.com) ou directamente nos locais da Anpa.

4. Explicación do estado actual de obras desenvolvidas no centros, con particular atención ás realizadas en comedor e no Pavillón deportivo

5. Rogos e preguntas.

Co fin de facilitar a asistencia podedes dispoñer do servizo gratuito  de ludoteca  durante o tempo de asemblea.

Atentamente, o presidente.