RECORDATORIO DA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimadas familias,

 Lembramos a todos/as a CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.

Convócase asemblea xeral ordinaria da ANPA ‘A Ferradura’, a celebrar no Salón de Actos do CEIP Pío XII o xoves 5 de outubro ás 16.00 horas en primeira convocatoria (para o que sería preciso a presenza da metade de socios/as da Anpa) e ás 16.30 horas en segunda, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea ordinaria do 9 de maio de 2023.

2. Exposición e aprobación, se procede, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2022-2023

3.- Convocatoria de eleccións da Xunta directiva. As persoas interesadas en presentar candidatura propia ou en sumarse á xunta elixida deberán trasladar as súas propostas a través do correo electrónico da Anpa (anpaferradura@gmail.com) ou directamente nos locais da Anpa.

4. Explicación do estado actual de obras desenvolvidas no centros, con particular atención ás realizadas en comedor e no Pavillón deportivo

5. Rogos e preguntas.

Co fin de facilitar a asistencia podedes dispoñer do servizo gratuito  de ludoteca  durante o tempo de asemblea.

Atentamente, o presidente.

Convocatoria para Asemblea Xeral Ordinaria do curso 2023/2024 a celebrar o vindeiro 5 de outubro.

Estimadas familias;

Achegamos convocatoria para Asemblea Xeral Ordinaria do curso 2023/2024 a celebrar o vindeiro 5 de outubro.

CONVOCATORIA

Aproveitamos para lembrar que;

De momento non dispoñemos de pavillón, polo que mantemos as actividades alternativas. No caso de que desexe modificar a situación do seu fillo/a con respecto a estas actividades pode facelo no local da anpa ou ben por correo electrónico.

No mes de outubro comezan as actividades extraescolares para o alumnado inscrito  de 4º de Educación Infantil.

O alumnado de 4º de Educación Infantil  inscrito en predeporte pode solicitarnos o aprazamento de comezo de actividade ata que se resolvan as obras do pavillón.   

Organización comedor

ORGANIZACIÓN SAIDAS COMEDOR CURSO 2023/24

DEBIDO O NÚMERO DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR, ESTE ORGANIZARASE DA SEGUINTE MANEIRA:

1º TURNO

    INFANTIL ( 3 anos / 4 anos/ 5 anos )

    PRIMARIA ( 1º/ 2º / 3º / 4º )

HORARIO DE COMEDOR DENDE AS 13’50 h.

RECOLLIDA NOS PATIOS CORRESPONDENTES ( se non teñen actividades ) DENDE AS 15h ata as 16h

2º TURNO       

PRIMARIA 5º E 6 º     

TEMPO DE AGARDA  DENDE A SAIDA DE CLASE ATA O COMEDOR

SAIDA DO COMEDOR DENDE as 15’15h

TEMPO DE PATIO ata as 16h

Os nenos/as deste turno poderan ser recollidos na porta do comedor a saída.

Autorización recollida e actividades

Estimadas familias;

  Achegamos impreso de autorización de recollida de alumnado. Aínda que xa teñades cumprimentado o impreso que solicita o colexio, é imprescindible que nos fagades chegar o impreso que adxuntamos, para garantir o bo funcionamento e control dos/as usuarios/as nos servizos e actividades que se organizan desde a ANPA.

IMPRESO DE AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA

   Lembramos que o día 11 de setembro comezamos con tódolos servizos e actividades con normalidade agás:

Natación, comeza en outubro.

Madrugadores, debido a entrada escalonada comeza o día 12.

Pavillón, estas actividades comezarán con normalidade unha vez rematadas as obras.

 O longo deste mes informaremos da ampliación de prazas nas actividades que se realizan neste espazo.

Alumnado de 4º de E.I. Debido o programa de adaptación o servizo de comedor e madrugadores  comezará o remate deste, as actividades extraescolares comezan en outubro.

Está o voso dispor na páxina web (no apartado de documentos) toda a información relativa  o funcionamento da asociación así como o novo Regulamento  Interno que foi aprobado en Consello Escolar.

Un saúdo

Actividades pavillón

Estimadas familias:

Debido as reformas que se están a levar a cabo no pavillón do colexio, vemonos na obriga de suspender as actividades (iudo, futbito, baloncesto,predeporte e badmintón) que se realizan no mesmo ata novo aviso.

Así pois, dende o ANPA seguiremos dando cobertura os nenos e nenas que estan apuntadas a cada unha das diferentes actividades anterioremente citadas no seu horario correspondente.

Por motivo deste contratempo, entedesmo que algunha familia considere oportuno non continuar na actividade ata que dispoñamos do pavillón de novo. 

Polo tanto, aquelas familias que desexen NON CONTINUAR na actividade, ata que dipoñamos das instalaciòns, deberán enviar un correo a anpaferradura@gmail.com antes do 11 de setembro

Por último, recordar que as familias que se dean de baixa ata que non se dipoña do pavillón, non se lles cobrará as mesualidades pertinentes nin perderán a súa praza na actividade.

Un saúdo

Información sobre inscricións e listaxes de agarda

Estimadas familias;

A partir de hoxe xa está á vosa disposición na páxina web da asociación o resumo das solicitudes de inscrición nas actividades e servizos organizados para o curso 2023/2024.

• No comedor e nos servizos de madrugadores admítense todas as inscricións ata o 1 de xullo.

• Nas actividades extraescolares establécese:

– Publicar listaxes co alumnado non admitido por falta de prazas

Páxina cas listaxes: Listado de Agarda Pedirávos contrasinal que é: Ferradura24

Antes de facer ningunha inscrición concultade o Listado de prazas dispoñibles

– Abre un novo prazo de inscrición para actividades con prazas dispoñibles a partir do 05/07/2023 ás 9:00 h. ata o 10/07/2023 ás 23:59h. (a través do formulario da páxina web: formulario inscricion novo para os maiores

– O alumnado en lista de agarda que se inscriba en algunha das actividades nas que quedan prazas dispoñibles, será avisado no momento que quede praza na actividade de agarda dando opción a incorporarse nese momento.

– Ludoteca; Non se admiten máis inscricións para os martes e xoves.

» Bo verán»

Reunión coas candidatas á dirección do centro.

Bos días, familias.

Como acordamos, informámosvos das xestións realizadas.

A candidata Ana Losada Montero pediu reunirse con nós o mércores 10 de maio e expoñer o seu proxecto á directiva da Anpa e ós representantes das nais e pais.

Contactamos coa candidata Marta Veleiro Rodríguez, que fixo o propio onte, luns 15 de maio.

Tivemos a posibilidade de preguntar, abertamente, todo tipo de dúbidas e preocupacións e de ollar os seus proxectos.

Respecto á subida dos mesmos á nosa web, Ana supeditouno a que o fixera Marta e esta prefire non facelo.

A directiva ten acceso a eles e o noso representante asistirá á exposición de ambas candidatas diante dos membros do Claustro de mestres e do Consello Escolar, o vindeiro martes 23 de maio.

O 24 de maio representará na comisión a esta asociación coa mesma responsabilidade que o ben facendo desde sempre.

Noutro orde de cousas, lembramos que o vindeiro luns 22, ás 11:00, comeza a inscrición nas nosas actividades e servizos, porque moitos de vós estades tratando de facelo xa, na web.

Pero, ata entón non é posible.

Un saúdo.