NOTICIAS NOTICIAS NOTICIAS

Comunicado ás familias (corrección)

Publicamos o texto íntegro, xa que onte, ó facelo nun PDF houbo certa confusión á houra de acceder a todas as páxinas.

Aproveitamos para remarcar que non é un escrito dá Anpa A Ferradura. Nós non nos manifestamos como Asociación.

Trasladámosvos o acordado por diversas Anpas de toda Galicia sen cortes, nin interpretacións.

 

Achegamos comunicación á Consellería e á prensa, do escrito elaborado pola federación de Anpas, da que somos membro fundador.

 

 

 

 

 

Prezada Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

 

Existe neste momento un cúmulo de declaracións de responsábeis educativas de diferentes administracións, que están provocando constantes dúbidas entre as familias, que pensamos que precisan unha aclaración estrita por parte desa consellaría.

 

En relación ao traballo que se está realizando en liña

 

1. Volume de tarefas que se están enviando ao alumnado: as familias denuncian a irregularidade desta carga de traballo; fronte a docentes que remiten enormes cantidades de traballo, hai outros que nin sequera se presentaron dende o primeiro día. Entremedias hai todas as categorías imaxináb Esiximos desa consellaría instrucións claras ao respecto.

2. Remisión de tarefas sobre contidos novos non dados nas clases: unha boa parte do profesorado está avanzando  materia  a  través  das  actividades  en  liña.  Por  parte  desa  consellaría  hai  múltiples declaracións que indican que isto non está permitido. Esiximos desa consellaría unha instrución específica que prohiba o avance nas materias a maiores do impartido en aulas presenciais. En canto á posibilidade de incrementar novos contidos para o terceiro trimestre, que rexeitamos de cheo nas actuais circunstancias, aínda que sabemos que así se está a facer a por parte do ensino privado, debe ser obxecto dun debate previo entre as familias, que somos neste momento as encargadas directas da docencia nas casas, e a consellaría.

3. Obrigatoriedade das tarefas enviadas: hai profesorado que está remitindo as tarefas impoñendo límites temporais de entrega dos resultados, sen ter en conta que non todo o alumnado é quen de facelas, por falta de medios, de tempo ou de axud Esiximos desa consellaría que informe da voluntariedade que deben ter estas tarefas en liña.

4. Realización de exames en liña: hai profesorado que está pretendendo realizar avaliacións en liña sobre as materias que están enviando, ou mesmo que está referindo o traballo que se realiza neste momento a exames que se realizarán na volta a clas Isto é un xeito de coacción inadmisíbel neste momento. Esiximos desa consellaría que dite instrucións claras no senso de impedir a avaliación, de ningún tipo, dos contidos que se están traballando.

5. Alumnado de necesidades educativas especiais: os traballos que se están enviando son iguais para todo o alumnado, facendo excepción dalgunhas boas prácticas que existen, pero son minoritarias e pouco significativas no conxunto. Entón, onde está a inclusión e bo traballo coa diversidade da que esa consellería está permanentemente  a se gabar como exemplo para todo o Estado español ?  Esta Confederación está sempre lembrando que hai unha parte do alumnado que é invisíbel e permanentemente ignorada, e agora estámolo vendo dun xeito palpábe O COVID-19 tristemente vaise levar moitas vidas; mágoa se o sistema educativo se leva tamén moito alumnado.  Esiximos esa atención que sempre se nos nega, e instrucións rotundas que incidan no necesario seguimento e aatención  educativa  individualizada  de  cada  un  destes  casos,  o  que  en  tempos  de  confinamento continúa a ser un dereito esencial, presente tamén na escola virtual.

6. Presenza  de  persoal  orientador  e  outras  especialistas:  a  atención  ao  alumnado  estase  facendo exclusivamente dende o punto de vista da xestión de tarefas escolares, practicamente o alumnado galego está facendo deberes nestes días, e nin tan sequera de todas as materias; isto lévanos a:

    1. Onde está  o  traballo  do  profesorado  de  educación  física  ou  das  materias  artísticas?precisamente nun momento no que resultan máis imprescindíbeis que nunca volvemos a repetir o erro  de considerar  que  as súas materias son irrelevantes  no currículo  global. É necesario o acompañamento destas profesionais, porque son as súas disciplinas, e non as científicas, quen poden agora darlle un valor especial á situación que estamos a vivir.
    1. b. Onde está o persoal de orientación e apoio? O alumnado non son só persoas ás que hai que atender academicamente; onde está entón o traballo imprescindíbel do profesorado especializado en atender as súas emocións e dificultades ? Ese é o grupo de profesorado que debera estar sendo especialmente apoiado pola consellaría, para tentar de ir xestionando xaora o impacto emocional deste longo confinamento.

 

En relación á realización da segunda avaliación:

 

1. Esta   Confederación   rexeita   totalmente   a   conveniencia   de   poñer   unhas   notas   que   non   son significativas, non están baseadas no traballo previo dun xeito uniforme, non representan a consideración  da  totalidade  do  esforzo  realizado  ao  non  poder  valorarse  o  tempo  dedicado  aos exames que non puideron realizarse, e ademais van provocar o desconcerto entre o alumnado e as súas  familias,  ao  non  poder  ser  explicadas,  contrastadas  e  debatidas  no  seo  da  normalidade académi  Instamos a esa consellaría a modificar as instrucións que se están a remitir ás direccións, e indicar a cambio que esta segunda avaliación quedará sen cualificar, malia ser tida en conta, no traballo efectivamente realizado antes do 13 de marzo, como parte da nota final do curso.

2. Sabemos que hai profesorado que está realizando probas en liña, ou pedindo exercicios ad hoc,  para ter unha base sobre a que facer esa avaliación que rexeitamo Esiximos instrucións claras prohibindo ese tipo de actuacións; polo menos en tanto non exista na nosa Comunidade unha xeneralización dos medios de conexión útil a internet, e útil significa rápida e axeitada para o traballo en liña , facilitando gratuitamente este acceso alí onde as familias e as circunstancias non o están permitindo.

 

En relación á finalización do curso académico 2019-2020

 

A información que estamos recibindo de acotío indícanos que probablemente o alumnado galego non vai ter a posibilidade de incorporarse as clases ata que o terceiro trimestre estea xa moi avanzado, ou practicamente rematado;  traballamos  sobre  esa  posibilidade,  xa  que  son  palabras  da  ministra  de  educación  que  esa consellaría non ten desmentido, entón indicamos que:

 

1. Rexeitamos totalmente a ampliación temporal do curso escolar: non só porque é incompatíbel co traballo que se está a facer nas casas, senón porque o alumnado galego precisa, logo desta etapa que estamos  vivindo,  que  trae  consigo  unha  fonda  carga  psicolóxica,  un  tempo  de  descanso  e normalización social antes de enfrontarse ao seguinte curso 2020-2021.

2. Rexeitamos a posibilidade de termos unha terceira avaliación deste curso 2019-2020 que non estea baseada en currículos moi recortados con respecto aos que están publicado Este curso debe ser avaliado de acordo coa realidade que se está a vivir, o contrario implicaría un enorme sobre esforzo sobre o alumnado, moi nomeadamente sobre o alumnado de necesidades específicas de apoio educativo, e para todos aqueles que están, xaora, sufrindo as consecuencias sociais, económicas ou familiares desta pandemia.

3. Entendemos tamén que é necesario elaborar un protocolo de regreso á normalidade: demandamos unha especial atención á situación emocional e socio afectiva do alumnado cando se incorpore ás aulas, por riba do desenvolvemento dos contido curriculares. O regreso non é tras un período de vacacións, senón tras unha situación excepcional, descoñecida e estresante, neste período haberá mocidade que perdeu aos seus familiares, outra que viviría situacións de risco, ou de tensión excepcional, xuventude cuxos pais ou nais perderan o traballo, ou que tiveron que vivir afastados deles por efecto dos protocolos de contaxio. O alumnado de todos os niveis debe atoparse co apoio e o  acompañamento  necesario para superalo, nun ambiente de seguridade e confianza, no que se priorice o seu benestar emocion Isto precisará dunha resposta oportuna por parte do profesorado, que debe estar formado para elo e do reforzo dos profesionais dos departamentos de orientación.

4. Reclamamos que o proceso escalonado de incorporación aos centros escolares se faga atendendo á realidade  específica  do  noso  País,  e  non  seguindo  exclusivamente  as  directrices  marcadas  polo goberno central, para adaptalas ás nosas circunstancias sanitarias, á nosa poboación e estrutura do sistema educativo así como a participación das familias nesta decisión.

 

En relación ao curso académico 2020-2021

 

O próximo curso académico non vai ser un curso normal, terá que ser un curso ponte entre os dous trimestres que teremos no 2019-2020 e a normalidade do curso 2021-2022; de facto será un curso de catro trimestres completos que haberá que artellar de tal xeito que o alumnado poida superalos e aproveitalos sen deixar a ninguén no camiño. Por iso,

 

1. Esiximos desa consellaría que comece a traballar na elaboración dun currículo especial para o curso próximo, adaptando a realidade do ensino aos contidos mínimos que permitan recuperar o tempo perdido sen que isto supoña un esforzo especial e inasumíbel  para o alumnado.

2. Esiximos tamén o establecemento de ordes claras e instrucións precisas para que todo o profesorado galego comprenda e poña en práctica a especial circunstancia do curso próximo, sen que exista marxe á interpretación persoal, que tan funestos resultados está dando neste momento.

3. Esiximos  tamén  a  posta  en  marcha  para  o  próximo  curso  dun  programa  especial  de  atención  á diversidade, que dote dunha atención exclusiva a todas as alumnas e alumnos que se viron lamentablemente  abandonados  neste  período  de  confinamento.  É  imprescindíbel  termos  unha atención específica a un colectivo que se viu privado de todos os seus dereitos á singularidade e que se viu avasalado por unha “normalidade” que os deixou á marxe.

4. Facemos un especial fincapé na necesidade de termos un tratamento diferenciado co alumnado de bacharelato, nomeadamente o de segundo, pero tamén o que fai o primeiro curso, así como o alumnado de FP que está facendo prácticas neste curso escol Precisamos solucións específicas que traten a esta xeración para evitar que sufran dun xeito especial as consecuencias do que está a pasar. É obvio que o tratamento que se lle dea ás ABAU está no centro do debate pero temos que falar de algo máis que de prazos e exames. Hai que garantir a igualdade de acceso á universidade moi limitada polo moi diferente acompañamento que se está a facer entre centros públicos e privados; e hai que garantir  tamén  o  retraso  no  comezo  do  próximo  curso  universitario  para  garantir  o  acceso  en igualdade de todo o alumnado que se incorpore á universidade.

5. Esiximos tamén a planificación dun plan integral de atención psicolóxica ao alumnado galego, porque a xuventude é máis fráxil do que se pode albiscar. É preciso que o futuro se presente con apoios, con seguridade e con confianza. Haberá que atender á mocidade, e tamén formar ao profesorado para que comprendan a influenza desta situación na vida das nosas rapazas e rapaces.

6. Esiximos tamén que,  logo  de  que as familias  estamos  a ser mestras, orientadoras, correctoras e docentes das nosas fillas e fillos sen ter nin os coñecementos, nin os medios, nin as axudas imprescindíbeis; por parte desa consellaría se constitúa, canto antes, unha comisión de traballo real, con ánimo construtivo e espírito de avance, para que o próximo futuro se constrúa co acordo de todas as partes da comunidade educativa, e non supoña o abandono de todas aquelas que, polas máis diversas circunstancias provocadas pola pandemia do COVID-19, non poderán incorporarse doadamente á normalidade.

 

En relación ao futuro:

 

Esta situación ten que nos facer aprender; aprender o que tiñamos mal feito e peor estruturado, e aprender do que poderá volver a ocorrer máis veces. Non é momento de buscar culpábeis pero si que o é de tirar conclusións e avanzar. Neste senso:

 

1. É  preciso  artellar  unha  vía  permanente  de  diálogo  con  toda  a  comunidade  educativa,  familias, alumnado,  administración  e  profesorado,  temos  que  ter  un  lugar  de  referencia  onde manter  un constante diálogo sobre as necesidades e oportunidades do Ensino Público Galego. A inexistencia dese diálogo é unha das causas do actual caos na atención e xestión desta cri Non o repitamos.

2. Esiximos un plan integral de acceso dixital en todo o territorio galego, moi nomeadamente no eido rural.  A experiencia deste momento amosa claramente a fenda dixital galega. Póñense de manifesto a existencia de grandes zonas de sombra dixital, outras teñen un mínimo insuficiente de cobertura que non abonda para cubrir de cheo as necesidades do alumnado nas aulas virtuais, nin tan sequera para a recepción correcta e fluída da información. Internet ten que chegar a todas partes, e garantir unha conexión áxil, rápida e universal. Desta volta boa parte do alumnado rural ficou abandonado por culpa das infraestruturas. Aprendamos.

3. Consideramos de especial importancia o estabelecemento dunha plataforma web de formación de contidos en liña, con especificidade para cada etapa educativa do ensino obrigatorio, Bacharelato e FP. Englobando aquí ferramentas de software de código aberto e tamén de hardware que poida manexar o alumnado, nomeadamente nas familias máis vulnerábeis socio economicamente. É de fundamental importancia  a  especialización  nese  material  en  liña  para  o  alumnado  NEAE  atendendo  á  súa diversidad Significamos que a utilización desas plataformas non pode limitarse ás situacións actuais excepcionais, senón que deben formar parte do contigo formativo normalizado do Ensino Público Galego.

4. Resulta imprescindíbel a actualización e formación de todo o profesorado galego nas competencias dixitais e no uso de ferramentas dixitais útiles e com Requirimos da consellaría de educación un plan real, obrigatorio e valorado, que estableza cando, como e onde se realizará esa formación, que debe chegar a todas e todos as docentes do Ensino Público Galego preuniversitario, e debe manterse no tempo actualizado esa formación agora só parcialmente existente.

5. Precisamos  dun  plan  de  atención  domiciliaria  integral  que  inclúa  formación  do  profesorado  na atención virtual; formación que non debe limitarse ao aspecto tecnolóxico, senón tamén e fundamentalmente ao pedagóxico; dotación de materiais e infraestruturas ao alumnado, facilitamento do traballo de grupo en circunstancias especiais e capacitación para o traballo en liñ Este plan non só refire á situación presente, pode e debe ser utilizado en todos os casos cotiáns de enfermidade escolar, e estar dispoñíbel para outras circunstancias como a presente, que poden presentarse de novo.

6. Precisamos garantir un traballo de acompañamento emocional en circunstancias sobrevidas de forza maior que, como agora, impidan o acceso presencial aos centros educativos e fomenten e faciliten a socialización co resto do alumnado do mesmo curso como sucedería en circunstancias norm

7. Precisamos e solicitamos que se nos teña como parte das xuntanzas de Atención á Diversidad Se en circunstancias cotiáns somos quen mellor coñecemos como está esa atención, neste momento garantimos que somos as únicas que estamos vivíndoas de preto; e somos realmente a única voz competente para tomar decisións sobre este colectivo.

 

 

 

Un saúdo.

 

Compostela, na data da sinatura dixital deste escrito

 

 

 

 

Fernando Lacaci Batres

Presidente da Confederación ANPAS GALEGAS

ANPA A Ferradura CEIP Pío XII

Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Política de Protección de datos | Política de Cookies

© ANPA A FERRADURA 2019 | DISEÑO WEB: TerritorioWeb