Concurso de postais Fundación USC

A Fundación USC ven de convocar, por décimo ano consecutivo, un concurso de postais de Nadal.

O concurso está dirixido a nenos e nenas nacidos/as entre os anos 2010 e 2019 (ambos incluídos) e a temática da postal debe unir o Nadal e o deporte.

O premio do concurso consistirá nun vale de 100 € para trocar por material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2023, campamento urbano, deportivo e de lecer que se leva celebrando dende hai catorce veráns nas instalacións deportivas do Campus Vida da USC. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación USC.

O prazo para entregar os traballos rematará o 9 de decembro e o veredicto do xurado farase público o día 19 do mesmo mes.

As persoas interesadas en participar no concurso poden consultar as bases completas AQUÍ.

Recollida do comedor e extraescolares.

Bos días, familias.
Refrescamos a información das zonas e horarios de recollida d@s nen@s no comedor e actividades extraescolares, que veñen sendo os mesmos dos anos prepandemia.
A entrada principal do centro é pola rúa Poza de Bar, timbrando se está pechado o portal.
Sobre as 15:50-15:55 Suso abre o portal da entrada de Avda de Compostela (Este horario ben determinado polo centro).
-Comedor:
   -Infantil, dende as 15:10 no patio cuberto de infantil.
   -Primaria, dende as 15:10 na porta principal do comedor (Poza de Bar).
-Tempo de xogo:
  -Infantil, de 15:10 a 16:00. Se chove (no patio cuberto de infantil) e se non chove (no parque de infantil, antigo areeiro…).
  -Primaria, de 15:10 a 16:00. Se chove (no patio cuberto superior ou no salón de actos) e se non chove (na parte superior do centro: canchas, patio…).
-Extraescolares:
  -Actividades interiores: no patio cuberto superior (entre o pavillón e a Anpa) ó remate das actividades (17:00 ou 18: 00).
  -Actividades do pavillón: na entrada principal do pavillón que da á metade das escaleiras (17:00 ou 18:00).
Lembramos que @s nen@s sen extraescolares ou ludoteca, deben ser recollidos do centro, xa que non están baixo a responsabilidade da Anpa.
Un saúdo.

LISTAXES E NOVA INSCRICIÓN.

Para ver as listaxes de admitidos ou  de agarda nas actividades extraescolares así como o impreso de inscrición para as actividades abertas de xeito extraordinario, recibirá un correo electrónico hoxe xoves 14 de agosto sobre as 16;15 cos enlaces e contrasinais que lle permitan o acceso.

De non recibilo póñase en contacto ca Anpa no teléfono 699973596.

Catering Chicolino Eventos

Bos días, familias.
En primeiro lugar quixéramos agradecer a numerosa asistencia e enriquecedora participacipación á Asemblea de onte.
Para os non asistentes, facemos público que a empresa que resultou gañadora na votación foi «Chicolino Eventos».
Tamén se aprobou que ó ser a empresa cunha oferta mais cara (4,34e fronte ós 3,98e de Ruta Jacobea) se ía a repercutir esa diferenza no prezo do comedor, quedando do seguinte modo:
-Fixos diarios 105 € / mes.
-Fixos de 4 días 87 € / mes.
-Fixos de 3 días 67 € / mes.
-Fixos de 2 días 47 € / mes.
-Fixos de 1 día 28 € / mes.
-Días soltos 7,50 € / día.
Unha aperta.

Asemblea Extraordinaria.

Bos días, familias.

Achegamos a convocatoria da Asemblea Extraordinaria do vindeiro martes 21 de xuño, no salón de actos, para elixir á empresa de catering para o noso comedor.

Lembramos que o mais probable é que se realice en 2ª convocatoria (17:00h), posto que habería que reunir o 50% dos socios para que se celebrase en 1ª convocatoria.

Conseguimos amosarvos as dúas propostas finais que cumpren cos requisitos esixidos neste proceso.
Podedes ver o dossier, exemplo de menú e prezo final de Airas Catering e Catering Chicolino.

Especifícaremos nese día, con mais detalle, os aspectos diferenciais entre ambas. Pero queriamos achegarvos a oferta con antelación.

Agardamos a vosa presenza.

Un saúdo.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

DOSSIER AIRAS CATERING

DOSSSIER CATERING CHICOLINO

Cambio de empresa de catering do comedor

Bos días, familias.
Seguindo coa nosa idea de comunicación e información directa con vós, achegamos o correo da empresa actual do servizo de catering (Ruta Jacobea).
Onte, tras reunirse con algúns pais que xa habían acudido a probar o menú, tras ofrecemento noso despois da Asemblea, decidiron poñer fin a esta relación de 4 anos.
Segundo a súa experiencia, o cansazo dos nenos e nenas con respecto á comida escolar é cíclico e prodúcese cada 4-5 anos.
Agradecemos a súa profesionalidade, aceptación de suxerencias e cumprimento estricto da normativa neste período e respetamos a súa decisión.
Aínda que non é o momento desexable, en pleno período de inscricións e con só unha semana e media por diante, non queda outra que afrontalo.
Os pasos son os seguintes.
-A directiva sondeará empresas que poidan dar, con garantías, un servizo de calidade, respectando os tempos e as dimensións dun comedor escolar único na cidade, en canto a número de comensais.
-O martes 14 de xuño, convocaremos unha Asemblea para 7 días despois, como rezan os estatutos, achegando as ofertas da ou das empresas finalistas.
-O martes 21 de xuño, celebrarase unha Asemblea na que os pais elixamos a empresa de catering para o vindeiro curso.
Aproveito para lembrar que o foro de opinión, participación e elección son as Asembleas e nas últimas eramos uns 10 pais duns 1400. Así como que a Xunta Directiva sempre está aberta á incorporación de novos membros.
Grazas polo voso tempo.
Mantémosvos informados.
Un saúdo.

De: Carolina Filgueira – Catering Ruta Jacobea
Enviado: miércoles, 8 de junio de 2022 17:52
Para: diego aragunde
Asunto: SERVICIO DE CATERING

«Buenas tardes Diego,

En la conversación telefónica de esta mañana os transmitimos nuestra percepción de descontento entre el alumnado que hace uso del comedor escolar y sus familias respecto a nuestro servicio de comidas.

A lo largo de estos años hemos ido haciendo cambios en platos y recetas para adaptarlos al gusto de la mayoría de los alumnos usuarios del comedor, siempre siguiendo de cerca vuestras valoraciones sobre la aceptación de los mismos y ajustándonos en todo momento a la normativa de comedores escolares de la Xunta de Galicia.                                                                                  

A pesar de que trabajamos con una rotación de cinco semanas y los menús no se repiten en ese tiempo, observamos entre las familias una preocupación sobre la correcta alimentación de sus hijos en el comedor escolar, circunstancia probablemente derivada del cansancio en nuestros menús.

Evaluando minuciosamente esta situación, la Dirección de Ruta Jacobea ha tomado la decisión de dar por finalizado nuestro contrato de suministro de comidas coincidiendo con este fin de este curso y no continuar con el suministro en el próximo. En todo caso, si los tiempos se os hacen demasiado justos, podéis contar con nosotros para un período de transición coincidiendo con en el inicio del nuevo curso, el próximo mes de septiembre.

Os agradecemos sinceramente la confianza que habéis depositado en Ruta Jacobea, ha sido un placer colaborar con vosotros durante estos años.

Un saludo,»

INFORMACIÓN SOBRE AS INSCRICIÓNS

Estimadas familias.

Dado que as listaxes de alumnado inscrito nas actividades extraescolares  non sairán publicados ata xullo, facemos un adianto de como pode quedar  o organigrama de actividades en canto o número de prazas ofertado e ás inscricións recibidas.

SEN CONTABILIZAR AS INSCRICIÓNS FEITAS FORA DE PRAZO

 

ELIMÍNANSE por falta de inscrición:

  1. BALLET – PRIMARIA
  2. PANDEIRETA E CANTO

 

NON ACADAN O Nº MINIMO DE PRAZAS:

  1. XADREZ (de non acadar o número mínimo para o seu funcionamento, suspenderíase)
  2. RÍTMICA(de non acadar o número mínimo para o seu funcionamento, suspenderíase)

Se alguén está interesado en algunha destas actividades, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.

 

QUEDAN PRAZAS EN:

  1. ROBÓTICA: grupo de 4º a 6º de Primaria
  2. PINTURA: grupo de luns e mércores as 17:00h
  3. NATACIÓN: grupo de xoves ás 17:15h
  4. NATACIÓN: grupo de venres ás 17:15h

Se alguén está interesado en algunha destas actividades, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.

 

MODIFICACIÓN DE  HORARIO:

  1. Natación grupo de martes pasa ás 16:30

 

 LISTA DE AGARDA (non admitidos) EN:

  1. BAILE MODERNO: grupo de 1º a 3º de Primaria, comeza na inscrición recibida  o día 16/05/2022 ás 10:52.
  2. MULTIACTIVIDADE: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:28.
  3. PSICOMOTRICIDADE: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:35.
  4. PINTURA: grupo de luns e mércores as 16:00, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:28.
  5. PINTURA: grupo de xoves  as 16:00, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:33. 
  6. ROBOTICA: grupo de 1º a 3º de Primaria, desde a inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 12:34. 
  7. TEATRO: comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 9:30. 

     Posibilidade de organizar un novo grupo, os martes e xoves de 17:00 a 18:00

              Se alguén está interesado, pode facer a inscrición ata o 30 de xuño.

  8. NATACIÓN: grupo de venres as 15:45, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás  10:24. 
  9.  NATACIÓN: grupo de venres as 16:30, comeza na inscrición recibida o día 16/05/2022 ás 10:55.

 

As solicitudes recibidas EN PRAZO, para as actividades que non se nomean así como comedor e madrugadores considéranse admitidas.

A primeiros de xullo, publicaremos as listaxes de admitidos, pero podedes anticipalas comprobando o horario de envío da vosa inscrición coa hora de corte que amosamos.

Informacións varias.

Bos días, familias.
Achegamos información sobre a inscrición para o vindeiro curso na actividade de baloncesto, xestionada pola fundación Fedesa e fóra do horario escolar e da Anpa.
Confirmamos que, ó longo da próxima semana, comunicaremos as actividades extraescolares con algunha praza vacante, por se valorades a súa solicitude.
Publicaremos as listaxes definitivas, como é costume, unha vez recibidas esas posibles solicitudes para as actividades con vacantes. Será na primeira quincena de xullo.
Un saúdo.

Campus de Baloncesto Fedesa.

Bos días familias.
Achegamos información sobre un campus de baloncesto, organizado pola Fundación Fedesa, nas instalacións do centro.
Non temos que ver coa organización, pero pode resultarvos de interese.
Para proceder á inscrición podedes acceder aquí
Un saúdo.