Concurso Nadal -2024

stimadas familias, Achegamos bases para o concurso ” POSTAIS DE NADAL” o prazo de entrega remata o 10 de decembro. ANIMADE OS VOSOS FILLOS/AS A PARTICIPAR.  O alumnado de  Educación Primaria este Nadal tamén ten un Reto Matemático con agasallo para os/as gañadores/as, podedes atopar toda a información neste enlace Descargar Bases do concurso ” POSTAIS DE NADAL“ Un saúdo

Reto Matemático

RETO DE MATEMÁTICASUNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN Durante o pasado festival de Nadal, e despois das actuacións do alumnado de primeiro e segundo de primaria, tivo lugar a entrega do premio á mellor postal de nadal. Nese preciso momento comezamos unha serie de conversas para chegarmos a unha proposta de retos periódicos de matemáticas, que tivemos […]

CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

Estimadas familias!!  Na asemblea do xoves pasado comentamos a iniciativa dun Club de Lectura de Adultos para toda a comunidade educativa. Vai un documento coa información e a ligazón a un formulario para quen estea interesada na inciativa. Animádevos!! FORMULARIO: https://cryptpad.fr/form/#/2/form/view/y6dF10eNG33jZKz490DXTj-dagKnbQmFVyKZ7uXJzS8/ INFORMACIÓN: Díptico i i

Asemblea ANPA xoves 21 de novembro

Achegamos acta da última asemblea e convocatoria  para a primeira asemblea do curso 2024/2025 que se vai celebrar o vindeiro xoves 21 de novembro. Lembramos que a asemblea seguramente se levará a cabo en segunda convocatoria xa que na primeira nunca se acadou o quórum  para poder celebrala. Tamén lembramos que dispoñedes de servizo de […]

Información sobre a manifestación  en defensa do ensino público

Estimadas familias.A Plataforma Galega en defensa do ensino público chama a toda a comunidade educativa a manifestarse contra os recortes o próximo 26 de outubro. A mobilización terá lugar en Compostela con saída ás 12 da Alameda e haberá servizo de autobuses desde distintas partes do país A decisión vén motivada por un inicio de […]

Concurso de fotografía

Bo día familias. Desde o hospital clínico fannos chegar información sobre un concurso de fotografía.  Animámosvos a participar. Saúdos. “Desde el servicio de Radiología del Hospital Clínico de Santiago, se ha puesto en marcha un concurso de dibujo infantil para conmemorar el día internacional de la Radiología. Con el lema “siéntete Radiólogo por un día” se […]

Semana Europea da Mobilidade

Estimadas familias. Esta semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que este venres día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa […]

Benvida

Prezadas familias, Retomamos o contacto con vos para trasladarvos a nosa máis cálida benvida a un novo curso para o que vos desexamos folgos, enerxía e, particularmente neste ano, paciencia. As obras na rúa do Pombal a comezos deste verán mudou os fluxos circulatorios na cidade afectando de forma significativo no acceso ao noso centro […]

REMATADO PRAZO DE INSCRICIÓN

REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN. No caso de querer solicitar unha nova actividade ou servizo, debe agardar a publicación das listaxes definitivas ( xullo) data na que  volverá estar dispoñible o impreso de inscrición . As modificacións ou baixas non se terán en conta ata setembro (o impreso estará na páxina web a partir do […]

Inscrición actividades 2024-2025

Estimadas familias, Lembramos que mañan venres ás 11:00h comeza o prazo de inscrición en actividades extraescolares e outros servizos organizados pola ANPA A FERRADURA para o vindeiro curso 2024/2025. Aquí tendes de novo toda a información referente a precios, calendario e actividades. HORARIO 24-25 PREZOS E NORMATIVA 24-25 O enlace para o formulario de inscricións […]