COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Desde o anpa queremos poñer no voso coñecemento as medidas adoptadas ao longo deste período.
Negociamos cos provedores dos nosos servizos (cátering e extraescolares) para comunicarlles o noso apoio e tamén dicirlles que o servizo queda suspendido desde o 16/03/20, así como o abono do mesmo. Como as facturas cóbranse aos socios a principios de mes, deducirase a media mensualidade de marzo unha vez restaurada a actividade.
Xestionamos co Concello a entrega de comida semanal aos perceptores de bolsas de axuda, agora que o comedor está pechado. Tramitamos os ERTES e fin de actividade para os nosos 17 traballadores e aprobado custear o 30% de diferenza de soldo, entre actividade e desemprego, para que non perdan poder adquisitivo.
Compramos e doamos 30 l de solución hidroalcohólica (60 botes de 0,5 l) á Consellería de educación, neste momento de desabastecemento.
Cremos que é momento de arrimar o ombreiro, de axudar a que ninguén quede só ou descolgado.
A conduta nestes momentos defínenos. Forza e ánimo.

 BRAVO CAMPIOAS!!!

O equipo de baloncesto de Pre-Minibasket feminino do Pío XII Rosalía vén de proclamarse campión de liga en Santiago tras un emocionante último partido contra o Peleteiro Azul. A vitoria das nosas por 8 puntos de vantaxe (46-38) propiciou o título, xa que precisaban superar os 7 puntos polos que perderan contra o mesmo equipo na primeira volta.

 

Polo Pío XII Rosalía xogaron nesta ocasión  Rocio, Lía, Iria, Yaiza, Carla, Aldara, Adriana, Carolina Luaces, Carolina López e Elia, aínda que son moitas máis as que participan nos adestramentos e partidos, contribuíndo ao grupo co seu esforzo e entusiasmo.

 

O equipo remata a liga, polo tanto, en primeira posición, con 9 vitorias e unha soa derrota. Está formado por alumnas de 3º e 4º de Primaria,  e a maior parte estudan no noso centro.

Da man de Pablo, monitor tamén do noso comedor escolar, están realizando unha gran temporada, a pesar de que houbo que suspender unha gran cantidade de adestramentos polos reiterados problemas de condensación do pavillón do colexio.

 

Na seguinte fase está previsto que se enfronten xa a equipos de fóra da nosa cidade.

 

Dende a nosa asociación queremos felicitalas e desexarlles moita sorte. Bravo campioas!