ASEMBLEA ORDINARIA de 22/10/20

Bos días, familias.
Comunicámosvos que o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 16:00 en primeira convocatoria e 16:30 en segunda, terá lugar a Asemblea Ordinaria anual de presentación de contas.
A capacidade do local é de 40 persoas e debemos cumprir coas normas sanitarias coñecidas (máscara, distancia de 1,5m, hixienización de mans…). Por este motivo, rogamos confirmación da asistencia ó correo da asociación (anpaferradura@gmail.com) ou desde a web.
O prazo para esta comunicación conclue o martes 20 ás 23:59.
Se o número de peticións excede os 40, suspéndese esta convocatoria e organizaríamos outra con outras condicións que a fagan posible.
Unha aperta.

 


 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA

 

Convócase os usuarios do servizo de comedor a unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA da ANPA “A Ferradura”, a celebrar na sala de vídeo o xoves 22 de outubro ás 16:00h. en primeira convocatoria e ás 16:30h. en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea do 16 de xaneiro do 2020

 

2.- Exame e aprobación, no seu caso, do Balance de Ingresos e Gastos do curso 2019-2020.

 

3.- Inscrición de novos membros da Xunta Directiva. Rógase comunicación previa ó correo da asociación (anpaferradura@gmail.com).

 

4.- Comunicación das xestións coas administracións para o inicio de curso, servizos e pavillón.

 

5.- Rogos e preguntas.

 

Santiago de Compostela, a 7 de outubro de 2020.

Natación USC

Bos días, familias.
Achegámosvos información sobre os horarios e grupos previstos para a Escola de Natación e Actividades Acuáticas da piscina da USC, coa nova normativa e cambios respecto a anos anteriores.
Como ben sabedes, ata o de agora non temos autorización para impartir extraescolares dentro do centro e as externas, coma piscina, tamén deixaron de ser xestionadas. Do mesmo modo, a USC  suspendeu temporalmente a colaboración cos colexios e Anpas.
Pensamos que esta actividade pode ser de interese para algunha familia, que o queira solicitar de maneira particular e directamente con eles, e por iso vos facilitamos esta información.
No seguinte enlace podedes ver os horarios e condicións: Horarios e condicións natación USC
Un saúdo.

Fin do prazo de anulación do comedor e madrugadores

Bos días.
Comunicamos que mañá mércores 9 de setembro ás 15:00 remata o prazo para anular as inscricións previas sen custo.
Só quedarían 24h para o inicio do servizo, creemos que houbo tempo suficiente para anular e temos que organizar as mesas por burbullas de convivencia.
Tamén entendemos que as reservas que cubrirían esa praza teñén o dereito a ser avisados con tempo.
Unha aperta.

 

Listaxes de admitidos Curso 20-21

 

Queridas familias.

Pasamos a publicar o listado de alumnado admitido e alumnado en espera  nas actividades e servizos extraescolares.

Podedes acceder ás listaxes a través da páxina web https://anpaferradura.es/3060-2/ co contrasinal: ferradura21

Todas están pendentes de aprobación polo Equipo Covid do CEIP PIO XII, pero están feitas segundo os ratios e parámetros obrigados.

O alumnado inscrito fora de prazo, non figura nas listaxes , o que non indica que non poida ter praza en algunha actividade ou servizo unha vez  feita a correspondente valoración polo Equipo Covid ou ben cando se modifiquen os protocolos establecidos pola pandemia. É dicir, que unha vez iniciado o curso, pode haber baixas ou flexibilizacións que permitan a inclusión de novos alumnos.

O alumnado de 4º de Educación Infantil, aínda que non figure nas listaxes de actividades, están admitidos en todas elas a partir de outubro e sempre que non se produzan modificacións nos protocolos sanitarios.

Agradecemos a compresión, desde a certeza de que tratamos de dar o servizo coa calidade de sempre e respectando as medidas impostas pola realidade actual.

Unha aperta.

 

Pautas inicio de curso

Estimadas familias,

A administración designou ós Equipos Covid como máximos responsables da prevención, hixiene e promoción da saúde en cada centro.

O director, dous mestres e un membro da Anpa, confórmano no noso caso. Determinando as medidas, ratios e rutinas de obrigado cumprimento.

Queremos destacar as dificultades organizativas que estamos a pasar e as responsabilidades sobrevindas, que provocaron a anulación dos servizos das Anpas nesta e noutras provincias.

Aceptamos o reto de inicialo curso coas medidas necesarias e o menor impacto para as familias e o alumnado.

Facémosvos partícipes dos elevados custos (1500€ mamparas, 1400€ material sanitario, persoal…) non cubertos pola administración e da diminución dos ingresos (por un número menor de usuarios), pero decidimos mantelos prezos das actividades. Este ano será deficitario, pero entendemos que o aforrado en tesourería está para cubrir estas continxencias, nun momento económico tan delicado para as familias.

Se ben a nosa intención é poder ir normalizando as medidas nos vindeiros meses, o certo é que en setembro trataremos de empezar do seguinte xeito:

 

MADRUGADORES:

Recibirase ao alumnado na porta de entrada, cumprimentando o rexistro de chegada, toma de temperatura e hixiene de mans antes de acceder o interior.  É obrigatorio que o alumnado vaia acompañado ata a porta de recepción. Con todo, os pais, nais ou titores legais non poderán, en ningún momento, entrar ao interior do centro.

Na zona destinada a madrugadores o alumnado estará sentado por cursos e aulas, mantendo o distanciamento.

Non terán acceso a ningún tipo de material que se poida compartir. Cada alumno/a so poderá utilizar os libros ou xogos que teña na mochila sen compartilos en ningún momento cos seus compañeiros, aínda cando sexan do mesmo grupo.

O acceso á aula farase seguindo o protocolo establecido polo centro para as entradas. Os monitores acompañaran os diferentes grupos no horario establecido polo centro ao punto de recollida.

Elimínase, ata novo protocolo,  a opción de esporádicos.

COMEDOR:

Esta admitido todo o alumnado inscrito en prazo.

Faranse dúas quendas de comida segundo a hora de entrada no centro. Así pois comerán na 1º quenda o alumnado que empeza o horario escolar as 8:50; e, na 2º quenda, o alumnado que entra máis tarde.

Elimínase, ata novo protocolo,  a opción de esporádicos.

 

1º Quenda: 13:50

  • Recollida dos distintos grupos burbulla na porta da aula e acompañamento o comedor, utilizando mascara polos corredores e o distanciamento entre os grupos.
  • Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
  • Hixiene de mans antes de sentarse.
  • Colocación por grupos burbulla gardando o distanciamento de 1 metro entre alumnos/as e separación con mamparas co compañeiro/a de enfronte.
  • Elimínase a opción do cepillado de dentes.
  • Rematado o xantar, iran saíndo en orde e por grupos para os patios de recreo establecidos polo centro para tal fin.
  • Desde a saída da aula ata a recollida ou entrada nas actividades, os grupos permanecerán sempre co mesmo monitor.
  • A recollida do alumnado da 1º quenda pódese facer nos patios establecidos a partir das 14:30h.
  • Desinfección da zona de comida e montaxe.

2º quenda: 14:40

  • O alumnado da 2º quenda agardará nos patios establecidos polo centro para recreos, acompañados de monitores.
  • Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
  • Realizarase a hixiene de mans, e accederase ao comedor con máscara, gardando o distanciamento entre os diferentes grupos burbulla.
  • Elimínase a opción do cepillado de dentes.
  • A recollida de alumnos farase nos patios de recreo sen acceder en ningún momento ao centro nin as zonas destinadas ao alumnado.
  • O horario de recollida establecese desde as 15:30 ata as 15:50. Despois desta hora só poderá permanecer no centro o alumnado que teña actividades extraescolares.

O alumnado de fóra de prazo queda en espera de modificacións no protocolo covid ou posibles baixas no alumnado admitido.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

Tódolos monitores que imparten actividades deben cumprir o protocolo covid establecido para o curso 2020/2021:

  • Medidas de hixiene de mans, antes da entrada na actividade.
  • Uso de máscara tanto nos corredores como no espazo destinado a realización da actividade;
  • Distanciamento: a separación establecida dentro da aula para o alumnado é de 1,5m. entre cada alumno/a Así mesmo, será obrigatoria a máscara. Esta medida conleva a redución do número de alumnado nos diferentes grupos de actividades que se poderán levar a cabo.
  • NON se poderá utilizar ningún xogo ou material para compartir entre o alumnado.

Polo dito anteriormente, quedan pendente de inicio, ao NON poder cumprir as medidas  covid establecidas para o curso, as actividades de:

  • Non se pode garantir o cumprimento das medidas establecidas para o protocolo covid.
  • Robótica Non se pode garantir o cumprimento das medidas establecidas para o protocolo covid.
  • O número de alumnado inscrito non acada o mínimo establecido para realizar a actividade.

 

ACTIVIDADES QUE SUPERAN O AFORO ESTABLECIDO POR PROTOCOLO COVID:

Pintura: capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 14 alumnos/as. Actualmente, existen as seguintes inscricións:

  • Inscritos no grupo de luns e mércores: 23 alumnos/as.
  • Inscritos grupo de xoves: 20 alumnos/as.

Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:

  • Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 14 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
  • Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:
  1. Grupo de 2 días/semana: opción luns e mércores ás 17:00h.
  2. Grupo de 1 día/semana: opción xoves ás 17:00h.
  • Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os/as alumnos/as inscritos en Pintura (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.

Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.

 

Xadrez. Capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 14 alumnos/as. Actualmente, existen as seguintes inscricións:

  • Inscritos, grupo de luns e mércores 23 alumnos/as.

Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:

  • Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 14 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
  • Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:

Grupo de 1 día/semana, opción luns as 17:00h.

  • Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os alumnos inscritos en Xadrez (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.

Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.

 

BalletGrupo de 1º a 3º de Primaria. Capacidade da aula seguindo o protocolo covid: 12 alumnos/as.

  • Inscritos: grupo de 1º a 3º PRIM. Martes e xoves as 16:00h,  20 alumnos/as.

Debido á redución do número de alumnado na actividade seguindo o protocolo covid, o procedemento para a realización dos grupos de alumnos será o seguinte:

  • Crearanse os grupos para o horario seleccionado (e indicado liñas máis arriba) empregando as listaxes de inscricións e respectado a orde de entrega. Deste xeito, as primeiras 12 persoas formarán o grupo da actividade na quenda escollida.
  • Para dar cobertura ás persoas que quedaron fóra, creouse a seguinte oferta:
  • Grupo de 2 días/semana: opción Martes e xoves ás 17:00h.
  • Con todo, a creación desta segunda oferta non é exclusiva nin obrigatoria para as persoas que quedan fóra da outra opción, senón que TODOS os alumnos inscritos en Xadrez (aceptados na oferta inicial ou que queden fóra) poderán cambiar para ela, ou ben manterse na primeira.

Para a xestión da permanencia ou cambio de horario, pode inscribirse do 1 ao 5 de setembro.

As actividades de: Baile Moderno, Natación, Multiactividade, Psicomotricidade, Inglés, Teatro, Ballet Infantil, Patinaxe, Hockey-patins, e Instrumento, realizaranse ( se as circunstancias o permiten) co alumnado inscrito en prazo.

O primeiro día de curso, os monitores/as de actividades informarán ás familias do desenrolo de cada actividade e protocolos a seguir.

Calquera dubida ou xestión que se necesite, debe facerse preferentemente por teléfono ou por correo electrónico. Tamén estaremos na escola cun horario de atención ao publico aínda por determinar.

Tódalas medidas expostas para a realización de  actividades extraescolares, quedan pendentes de aprobación polo equipo covid. Do CEIP PIO XII.

 

 

Atentamente,

ANPA A Ferradura. CEIP Pío XII.

 

 

 

Novas sobre o inicio de curso

Boas tardes.

 

Agardamos que todos esteades ben.

 

Desde a Anpa queremos informarvos de todas as medidas e xestións que estamos a acometer para poder seguir prestando os nosos servizos, respectando todas as medidas indicadas polas autoridades sanitarias.

 

Celebramos unha xuntanza con mestres e Consello Escolar, contactamos coa subdirección de comedores e contratamos cunha empresa de riscos laborais (Norprevención), para elaborar un protocolo propio que sexa aprobado polo centro.

Este novo tempo traerá consigo novas rutinas e novas medidas e cando esteamos en condicións de falicilitar o protocolo e ratios definitivos, farásevos chegar.

 

Podemos anticipar que hai Anpas que renunciaron a organizar servizos (extraescolares) ante a negativa a asumir responsabilidades, que no caso de producirse algunha incidencia, repercutirían na directiva e presidencia. Somos conscientes do importante que é seguir realizando a nosa labor, pola conciliación das familias e pola cobertura laboral dos nosos traballadores, pero coa certeza do cumprimento de todas as medidas sanitarias.

 

O colexio facilitará, cando o estime oportuno, as novas relativas á flexibilización de entradas e saídas, accesos diferenciados, disminución da mobilidade, titorías…todas encamiñadas a manter a burbulla de seguridade. Pero nós avanzamos as nosas.

 

Formaremos parte do Equipo Covid do centro que coordinará esta normalidade, debemos costear o material necesario para impartir os servizos (mamparas, mascarillas, xeles…), xa que a administración so realizará un envío inicial de algunhas delas. Estamos facendo aprovisionamento do mesmo.

 

O número de usuarios do comedor veráse diminuído drásticamente e trataremos de dar cobertura á maioría dos matriculados en prazo, realizando 2 quendas, en coordinación co centro.

 

O número de usuarios das extraescolares por aula tamén se verá afectado, polo que estamos a valorar a capacidade e a dispoñibilidade dos monitores para impartir as clases nestas condicións. Algunhas delas serán complexas, porque o seu desenvolvemento impide manter a distancia de seguridade.

 

Trataremos de manter, no posible, os prezos anteriores ou minimizar estos sobrecostes que relatamos.

 

Informaremos ás familias excluídas dalgunha actividade ou servizo en canto o escenario se vaia clarificando, xa que nos queda un mes de agosto duro por diante.

 

Ánimo e moita forza

Información sobre a actividade de baloncesto

Actividades  organizadas e xestionadas pola escola de baloncesto (fedesa)

As inscricións ou consultas debe facelas  a través do contacto que figura na folla informativa. Esta asociación NON é responsable das actividades deportivas que se levan a cabo no pavillón  do CEIP PIO XII.

Podedes ver e descargar toda a información no seguinte enlace: HORARIOS E INSCRICIONS ESCOLA DE BALONCESTO 2020/2021

Enquisa sobre o ensino durante a corentena.

Bos días, familias.
Co obxetivo de saber si se están cumprindo as instruccións dadas (recuperación, reforzo e non ampliación de materia), si está habendo acompañamento, si se deron a coñecer as programacións e se informou de como se vai a avaliar…facilitámosvos unha enquisa para educación primaria e outra para infantil, xestionadas pola Federación de Anpas.

 

Unha aperta

Prazo de inscrición

Bos días.
Queremos informarvos de que imos atrasar a apertura do período de inscrición nas nosas actividades, aínda que o colexio determinase o 11 de maio como o seu e nós adoitaramos facelo sobre mediados de maio.
Entendemos que é imposible saber como afectará a «nova normalidade» que se aveciña para o próximo curso aos vosos traballos, horarios, conciliación…e, por tanto, como reservar os servizos que necesitaredes.
Esperemos que cando nos vexamos obrigados a abrir o devandito período, porque a xestión e contratación dos nosos servizos require duns tempos mínimos, teñamos tod@s máis certezas que dúbidas. Iso si, sempre estarán suxeitos aos requisitos impostos polas autoridades sanitarias.
Aproveitamos para informarvos de que a devolución da media mensualidade de marzo realizarase nunhas semanas. Son centos de usuari@s en numerosas actividades e a súa elaboración debe ser manual.
Un abrazo forte e os nosos mellores desexos para vós e os vosos.

[ANPAS COMPOSTELA] ESCRITO CONXUNTO

Achegamos o escrito conxunto que as dúas confederacións de ANPAS e os sindicatos CIG, UXT, CCOO, CSIF e ANPE acaban de enviar á conselleria de educación.
Volvemos a remarcar que se trata dunha difusión do que acordaron, para que vos chegue de primeira man, e non da nosa postura como Anpa A Ferradura.
Ánimo familias.

 

Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL:

 

Os abaixo asinantes, na nosa calidade de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, solicitamos desta Consellería sexa tomado en consideración o noso posicionamento sobre a actual situación derivada da pandemia do COVID-19 que estamos a padecer, que pasan a expor, co unánime pedimento de que a decisión da administración educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso escolar sexa tomada desde estas propostas consensuadas por todos nós, docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática inescusable.

 

Consideramos:

 

  1. O  curso  escolar  non  tivo  de  feito nin pode ter continuidade real desde o día 13 de marzo, en que rematou a impartición presencial do mesmo:

 

a. non hai unha capacidade real de impartición telemática de contidos que chegue a todo o alumnado, tanto por falla real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos.

b. alumnado, familias e docentes carecen de directrices, de apoio e ainda, con carácter xeral, de previa formación nin práctica para o traballo en liña.

c. non hai posibilidades reais de seguimiento polo profesorado do traballo efectivamente realizado nas casas.

d. a educación presencial non pode ser suplida pola impartición de contidos telemáticos, malia a voluntariedade e esforzo do profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa.

e. o estado f ísico e psicolóxico das familias, do alumnado e do propio persoal docente, afonda aínda mais na inviabilidade do sistema.

f. existe  un  abandono  xeneralizado  de  practicamente todo  o alumnado  con  necesidades específicas de  apoio  educativo, pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e pola dificultade intrínseca da converter para ese alumnado a relación presencial en relación a distancia. Non asumir como imprescindíbel a  participación dese colectivo significaría un enorme retroceso na atención á diversidade.

 

2. A avaliación xeral do curso ten que partir da situación de excepcionalidade que estamos a vivir e vir acompañada de cantos medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de promoción do alumnado.

 

3. Cómpre unha  reformulación xeral  dos  distintos  currículos  para  o vindeiro curso, que cubra a fenda educativa xerada por esta situación excepcional, unida  ao  establecemento de  ferramentas educativas que posibiliten a todo o alumnado o desenvolvemento en condicións de igualdade dese novo curso.

 

Por canto queda exposto,

 

SOLICITAMOS:

 

  1. DAR POR FINALIZADO EN TERMOS DE AVALIACIÓN O CURSO ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO, AÍNDA MANTENDO O CALENDARIO ESCOLAR.

 

  1. ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

 

  1. REORGANIZAR  OS   CURRÍCULOS   DE   CARA   AO/S   VINDEIRO/S CURSO/S.

 

  1. TRABALLAR CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE MECANISMOS  COMPENSATORIOS    QUE    EVITEN    NO    CURSO 2020-2021  UN   ESFORZO  INASUMIBLE  PARA  UNHA  PARTE  DO ALUMNADO.

 

  1. PARTICIPAR DE TODOS  OS  PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS CONTEN CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.