Prazo de inscrición

Bos días. Queremos informarvos de que imos atrasar a apertura do período de inscrición nas nosas actividades, aínda que o colexio determinase o 11 de maio como o seu e nós adoitaramos facelo sobre mediados de maio. Entendemos que é imposible saber como afectará a “nova normalidade” que se aveciña para o próximo curso aos […]

[ANPAS COMPOSTELA] ESCRITO CONXUNTO

Achegamos o escrito conxunto que as dúas confederacións de ANPAS e os sindicatos CIG, UXT, CCOO, CSIF e ANPE acaban de enviar á conselleria de educación. Volvemos a remarcar que se trata dunha difusión do que acordaron, para que vos chegue de primeira man, e non da nosa postura como Anpa A Ferradura. Ánimo familias. […]

Comunicado ás familias (corrección)

Publicamos o texto íntegro, xa que onte, ó facelo nun PDF houbo certa confusión á houra de acceder a todas as páxinas. Aproveitamos para remarcar que non é un escrito dá Anpa A Ferradura. Nós non nos manifestamos como Asociación. Trasladámosvos o acordado por diversas Anpas de toda Galicia sen cortes, nin interpretacións.   Achegamos […]

Comunicado ás familias

Achegamos comunicación á Consellería e á prensa, do escrito elaborado pola federación de Anpas, da que somos membro fundador. [pdf-embedder url=”https://anpaferradura.es/wp-content/uploads/2020/04/FINALIZACIÓN-DO-CURSO-2019-2020.pdf” title=”FINALIZACIÓN DO CURSO 2019-2020″]

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Desde o anpa queremos poñer no voso coñecemento as medidas adoptadas ao longo deste período. Negociamos cos provedores dos nosos servizos (cátering e extraescolares) para comunicarlles o noso apoio e tamén dicirlles que o servizo queda suspendido desde o 16/03/20, así como o abono do mesmo. Como as facturas cóbranse aos socios a principios de mes, deducirase […]

 BRAVO CAMPIOAS!!!

O equipo de baloncesto de Pre-Minibasket feminino do Pío XII Rosalía vén de proclamarse campión de liga en Santiago tras un emocionante último partido contra o Peleteiro Azul. A vitoria das nosas por 8 puntos de vantaxe (46-38) propiciou o título, xa que precisaban superar os 7 puntos polos que perderan contra o mesmo equipo […]