Entradas de] pio12W

Devolución cota baloncesto Fundación Fedesa.

Bos días, familias. Adxuntamos o escrito obtido da Fundación Fedesa, froito da mediación solicitada por varias familias, para a devolución das cotas de baloncesto. Lembramos que non é unha actividade xestionada por nós, pero podedes volver a contactarnos se non se cumpren os prazos indicados. Unha aperta.

Rectificación

Boas, familias. Queremos facer unha precisión respecto á ultima nova das xestións, no relativo ós purificadores. Solicitamos prezos, comparamos eficacia segundo informes da OCU, valoramos potencia en relación coa dispoñible, pero no Consello Escolar do 13 de outubro non puido ser aprobado ou rexeitado, xa que foi no apartado de «rogos e preguntas», ó ser […]

Xestións varias

Bos días, familias. Aproveitamos esta vía para informarvos dun par de xestións realizadas, que aínda que alleas a nós, nos foron solicitadas por varios pais. A devolución da matrícula de 80e realizada en xuño para a actividade de baloncesto que xestiona a Fundación Fedesa. Foron moitos os pais que a solicitaron por varias vías (teléfono, […]

RECORDATORIO ASEMBLEA ORDINARIA de 22/10/20

Bos días, familias. Comunicámosvos que o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 16:00 en primeira convocatoria e 16:30 en segunda, terá lugar a Asemblea Ordinaria anual de presentación de contas. A capacidade do local é de 40 persoas e debemos cumprir coas normas sanitarias coñecidas (máscara, distancia de 1,5m, hixienización de mans…). Por este motivo, […]

ASEMBLEA ORDINARIA de 22/10/20

Bos días, familias. Comunicámosvos que o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 16:00 en primeira convocatoria e 16:30 en segunda, terá lugar a Asemblea Ordinaria anual de presentación de contas. A capacidade do local é de 40 persoas e debemos cumprir coas normas sanitarias coñecidas (máscara, distancia de 1,5m, hixienización de mans…). Por este motivo, […]

Natación USC

Bos días, familias. Achegámosvos información sobre os horarios e grupos previstos para a Escola de Natación e Actividades Acuáticas da piscina da USC, coa nova normativa e cambios respecto a anos anteriores. Como ben sabedes, ata o de agora non temos autorización para impartir extraescolares dentro do centro e as externas, coma piscina, tamén deixaron […]

Fin do prazo de anulación do comedor e madrugadores

Bos días. Comunicamos que mañá mércores 9 de setembro ás 15:00 remata o prazo para anular as inscricións previas sen custo. Só quedarían 24h para o inicio do servizo, creemos que houbo tempo suficiente para anular e temos que organizar as mesas por burbullas de convivencia. Tamén entendemos que as reservas que cubrirían esa praza […]

Pautas definitivas do inicio de curso

Bos días.   Aproveitamos esta comunicación para confirmar que levaremos a cabo o servizo de madrugadores e o de comedor. Só se anulan, polo momento, as actividades extraescolares. Madrugadores comeza o día 11 para a primeira quenda e o día 14 para a segunda. Comedor comeza o día 10 para a primeira quenda e o […]

Título: Anulación Actividades Extraescolares 

Boas tardes. Comunicamos que o Equipo Covid non aprobou a realización das actividades extraescolares para o vindeiro curso. Levamos traballando desde fai meses sen descanso para poder dar o servizo. Elaboramos medidas, abrimos periodo de matrículas, adaptamos os grupos, compramos o material, obtivemos a aprobación previa do centro en xullo, atendemos as vosas demandas… As […]

Novas da Xunta para o inicio de curso.

Bos días, familias. Achegamos as medidas acordadas onte pola Consellería para o inicio de curso, relativas ó primeiro día, organización das aulas, uso de mascarillas… https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31756 Lembramos que só trasmitimos unha información pública, e que será o centro o que determine o protocolo ou as medidas concretas a tomar Un saúdo.