Información inscrición
Estimadas familias:
O día 10 de maio de 2021 a ANPA A FERRADURA, publicará na páxina web a información relativa os servizos e actividades extraescolares (horarios, prezos, normas e impresos de inscrición) de cara o vindeiro curso 2021/2022, cas seguintes datas de inscrición:
Alumnado matriculado no CEIP PIO XII:
- Desde martes 18/05/2021 ás 09:00 e ata o domingo 30/05/2021 as 23:59
Alumnado de nova admisión no CEIP PIO XII:
- O mesmo que para formalizar a matricula no colexio.
Pautas definitivas do inicio de curso
Bos días.
Aproveitamos esta comunicación para confirmar que levaremos a cabo o servizo de madrugadores e o de comedor. Só se anulan, polo momento, as actividades extraescolares.
Madrugadores comeza o día 11 para a primeira quenda e o día 14 para a segunda.
Comedor comeza o día 10 para a primeira quenda e o 11 para a segunda.
As baixas do servizo de comedor que son penalizadas co cobro das cotas de setembro e outubro, como reza o noso regulamento, non terán esta taxa debido ás circunstancias especiais deste curso.
Tamén confirmamos que todos prazas de madrugadores en lista de espera foron aceptadas.
Solicitamos puntualidade na hora límite de recollida do comedor (15:45h), xa que o centro pecha ás 16:00 e debemos deixar as instalacións preparadas para o seguinte servizo.
MADRUGADORES (07:40 a 09:10)
Recibirase ao alumnado na porta de entrada, cumprimentando o rexistro de chegada, toma de temperatura e hixiene de mans antes de acceder o interior. É obrigatorio que o alumnado vaia acompañado ata a porta de recepción. Con todo, os pais, nais ou titores legais non poderán, en ningún momento, entrar ao interior do centro.
Na zona destinada a madrugadores o alumnado estará sentado por cursos e aulas, mantendo o distanciamento.
Non terán acceso a ningún tipo de material que se poida compartir. Cada alumno/a so poderá utilizar os libros ou xogos que teña na mochila sen compartilos en ningún momento cos seus compañeiros, aínda cando sexan do mesmo grupo.
O acceso á aula farase seguindo o protocolo establecido polo centro para as entradas. Os monitores acompañaran os diferentes grupos no horario establecido polo centro ao punto de recollida.
Os nenos baixarán ás aulas una vez estén instalados os que veñen da casa
Eliminada a opción de esporádicos.
COMEDOR (13:50 a 15:45)
1º Quenda:
13:50 a 14:30 comida . 14:30 a 15:45 tempo de lecer (patio cuberto)
Alumnos de 4EI, 5EI, 6EI, 1EP, 2EP
Rutina:
-Recollida dos distintos grupos burbulla na porta da aula e acompañamento o comedor, utilizando mascara polos corredores e o distanciamento entre os grupos.
-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
-Hixiene de mans antes de sentarse.
-Colocación por grupos burbulla gardando o distanciamento de 1 metro entre alumnos/as e separación con mamparas co compañeiro/a de enfronte.
-Elimínase a opción do cepillado de dentes.
-Rematado o xantar, iran saíndo en orde e por grupos para os patios de recreo establecidos polo centro para tal fin.
-Desde a saída da aula ata a recollida ou entrada nas actividades, os grupos permanecerán sempre co mesmo monitor.
–A recollida do alumnado da 1º quenda farase no patio cuberto de infantil de 14:30 a 15:45.
-Desinfección da zona de comida e montaxe.
2ª Quenda:
14:10 a 14:40 tempo de lecer (patio cuberto) .14:40 a 15:30 comida . 15:30 a 15:45 tempo de lecer no comedor.
Alumnos de 3EP, 4EP, EP, 6EP
Rutina:
–O alumnado da 2º quenda agardará nos patios establecidos polo centro para recreos, acompañados de monitores.
-Antes de acceder ao comedor, deben ir ao baño do andar que lle corresponda, mantendo o grupo burbulla.
-Realizarase a hixiene de mans, e accederase ao comedor con máscara, gardando o distanciamento entre os diferentes grupos burbulla.
-Elimínase a opción do cepillado de dentes.
-A recollida do alumnado da 2º quenda farase na entrada do comedor de 15:30 a 15:45.
-Eliminada a opción de esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
Suspendidas polo Equipo Covid.
Respectaranse as listaxes de admitidos no caso de ser aprobadas as actividades no futuro, previa comunicación ás nais/país.
XESTIÓN:
Primarase a vía telemática ou telefónica, pero na entarda de madrugadores haberá un monitor para resolver as cuestión que non poidan ser resoltas por esta vía.
Atentamente,
ANPA A Ferradura. CEIP Pío XII.
Título: Anulación Actividades Extraescolares
Novas da Xunta para o inicio de curso.
APERTURA PLAZO DE INSCRICIÓNS CURSO 2020-2021
Bos días, familias.
Atrasamos, no posible, a apertura do período de inscrición das nosas actividades e servizos polas incertezas do momento actual, pero debemos comezar co proceso porque a súa xestión é ardua.
A partir do luns 08/06/2020 ás 09:00 e ata o 21/06/2020 ás 23:59, poderedes descargar a solicitude na nosa web ou enviala cuberta por correo a anpaferradura@gmail.com.
Os/as nen@s de 3 anos INFANTIL terán de prazo para as inscricións do 1 de xullo as 09:00h. ao 10 de xullo as 23:59h.
Non estará operativa ata ese momento, pero xa podedes consultar as normativas desde agora mesmo.
- Normativa de actividades extraescolares, horarios e prezos do curso 2020-2021
- Normativa de actividades extraescolares horarios e prezos do curso 2020-2021 infantil (nenos/as de 3 anos)
Destacamos que o aforo máximo permitido, horarios e, na súa consecuencia, prezos poden verse alterados en función de novos protocolos sanitarios. Pero a nosa idea é manter unha continuidade de actividades e servizos, como mostra de apoio aos monitores, e de prezos, ante unha conxuntura tan complexa para todos.
Un abrazo.
Nota Monitores
@s monitor@s tanto de actividades extraescolares como de comedor, que intentamos cada día aportar o mellor de nós e colaborar coa comunidade educativa do colexio, en prol do alumnado do noso centro e dunha mellor conciliación das familias, desexamos que esta situación que estamos a vivir teña a mellor das caras nas vosas vidas, que esta mala etapa se traduza nunha magnífica experiencia c@s vos@s fill@s.
Esperamos que moi pronto poidamos seguir tod@s cas nosas vidas con total normalidade.
MOITO ÁNIMO!!!!!
COMUNICADO AS FAMILIAS.
Por mor da alerta sanitaria , a Xunta de Galicia comunica que os Centros de todos os nivéis educativos permanecerán pechados a partires do luns 16 de marzo.
Mañá venres 13 de marzo poderase asistir voluntariamente ao centro, aínda que non é o recomendable.
Mañá venres funcionarán tódolos servizos organizados pola ANPA A Ferradura.
SOLICITUDE DE VISITA AO COMEDOR CURSO 2019-20
Un ano máis a directiva da Anpa acordou, como xa fixera outros cursos, unha campaña de visita para que os país e nais podan observar as instalacións, o seu funcionamento e a comida que os nosos fillos comen durante os días que acuden ao comedor. A visita terá lugar durante o mes de MARZO, en horario de 13h a 15h.
Co gallo de non alterar o funcionamento do servizo xa se lles indicará aos interesados como se fará a mesma.
Os días de visita estableceránse en función das solicitudes e comunicaráselle a cada nai ou pai interesado.
Os días de preferencia son orientativos para establecer as diferentes quendas.
Poderánse anotar descargando e cubrindo este documento, e entrégalo no local de Anpa ou directamente nun formulario da nosa web, neste enlace
PRESENTACIÓN DA RENOVADA XUNTA DIRECTIVA
Recollemos a testemuña, aínda que moitos somos membros dende fai anos, da xestión da nosa asociación.
Entendemos esta labor coma unha carreira de relevos na que cada posta debe facerse coa máxima enerxía e implicación, deixando paso ó seguinte se a forza diminúe e redundando no mellor resultado final posible.
Asumimos a responsabilidade de servir de enlace entre @s nais/país e o centro, pero tamén de contrapeso ante distintas visións doutros membros da comunidade educativa. Entendendo que a meta común é a busca da excelencia (sinerxia).
Seguiremos a manter unha comunicación aberta con vós, a través da web ou do correo, para someter a debate o catering, as obras ou a avaliación das actividades (transparencia). A adoptar decisións coma o cambio de botellas de auga do comedor por fontes purificadoras (conciencia medioambiental). A abordar cuestións inherentes á nosa comunidade dende un punto de vista inclusivo (equidade) e de adaptación ás circunstancias do noso día a día (resiliencia). A mellorar as instalacións (pintado, ventilación, habilitación de espazos…) na busca do mellor hábitat posible, para que nen@s e traballadores poidan sentirse cómodos, seguros e explotar as súas capacidades (confort). A utilizar elementos de presión fronte á inacción das administracións no relativo ó mantemento do pavillón, parque infantil, aparcamento…(visibilidade).
Nada será posible sen o voso pulo, todo será factible coa vosa implicación.
Grazas polo voso tempo. Vémonos no colexio.