CHARLA SOBRE VIDEOXOGOS: SEXISMO E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NOS VIDEOXOGOS

Bos días familias.
Damos difusión a unha charla sobre videoxogos que coidamos pode ser interesante.

Xa está todo preparado para a segunda charla do ciclo de videoxogos. Esta vez, coincidindo coa semana do 8M, adicarase a analizar o sexismo e os estereotipos de xénero que impregan algúns dos videoxogos máis populares, tratando de abrirnos os ollos hacia cales son os contidos que consumen os nosos fillos e fillas durante horas e horas.

 

Debemos aprender a mirar os videoxogos con perspectiva crítica, coas lentes de color lila, reflexionando sobre os estereotipos das personaxes (entre eles a sexualización das mulleres) e os story tellings dos videoxogos mais demandados por parte da infancia e adolescencia. A nosa labor como adultos é proporcionarlles videoxogos que non estean impregnados dos valores pésimos das masculinidades hexemónicas.

 

TÍTULO: Sexismo e estereotipos de xénero nos videoxogos

PONENTE: Jorge García Marín, Profesor de Socioloxía da USC

DATA: 12 de marzo

HORA:  17:30 a 18:30

LUGAR: Telemáticamente

INSCRICIÓNS: http://bit.ly/videoxogos2

 

Por si credes que os videoxogos non son tan machistas, podedes mirar este vídeo de tan só 3 minutos para facervos unha idea:

 

https://www.youtube.com/watch?v=2lycwocWDbE

 

Se aínda así dubidades se asistir, pois outro dato, entre os videoxogos máis sexualizados o primeiro que sae mencionado é o Fornite. Sii, ese que dixemos na anterior charla que era a partir de 12 anos e que xogan xa dende moito máis pequenos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=QAiDiJIitTI

 

Así que xa sabedes non vos perdades a próxima charla.

 

Animádevos a participar e difundir. Moitas grazas

 

Un saúdo

A conciencia do autocoidado.

Difundimos unha iniciativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que nos parece interesante.

Prezadas amigas e amigos: 

Poñémonos en contacto con vós para darvos a coñecer unha acción que desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estamos a poñer en marcha a través dun grupo de traballo específico e que cremos que pode ser de interese para o voso centro, polo que vos animamos á divulgación desta información.

En novembro de 2020 e dentro do escenario da pandemia COVID-19, desde o COPG formúlase a necesidade de visibilizar e de atender a conciencia do autocoidado, como elemento imprescindible para preservar a saúde emocional da comunidade. Como profesionais da saúde, somos conscientes da importancia que o autocoidado ten no benestar das persoas. Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de coidado e velar polo benestar común.

O desenvolvemento desta acción concretarase a través dun ESPAZO DE COIDADO na web do COPG, no enderezo autocoidado.copgalicia.galnel imos presentando diferentes accións e recursos, encamiñados á consecución dos obxectivos antes mencionados.

Unha destas accións é o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un programa que consta de oito sesións, de carácter gratuíto e aberto á poboación en xeral, que se celebrarán online os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril (agás o 3 de abril) ás 11:00 horas da mañá. Podes descargar o programa neste enlace, e para inscribirte só terás que remitirnos o formulario cuberto a copgalicia@copgalicia.gal.

Este espazo é un lugar seguro e aberto a toda a comunidade, un espazo VIVO que faremos medrar e coidaremos entre todos e todas coa intención de cultivar a semente do autocoidado dentro do noso COPG, tanto para nós como para o resto da comunidade da que formamos parte.

Irémosvos informando da evolución desta primeira fase de deseño e posta en marcha deste ESPAZO, e das accións que estamos sementando. Desexamos que esperte o voso interese e a motivación de compartir o seu crecemento.

Unha aperta.

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE       

Inda que este curso, debido á pandemia, teñamos que modificar moitas cousas nas nosas vidas, temos que agradecer que haxa iniciativas que continúen adiante.

Grazas a IAGO ALONSO MATO e INES MATO NAVEIRO pola súa participación nesta 2º edición do concurso.

Dende a ANPA A FERRADURA, animámoste a  participar en ocasións vindeiras.

 

Medidas ante o adeudo de cotas de Fedesa

Bos días, familias.
Ante o novo incumprimento dos prazos de devolución das cotas de baloncesto, a falta de resposta por parte de entidade e a solicitude de axuda por parte de moitos de vós, tomamos as seguintes medidas:
-Solicitar unha entrevista coa Concelleira de Deportes para poñer no seu coñecemento a situación actual e a maneira de proceder desta fundación. O pavillón é do Concello e decide quen fai uso del e en que condicións.
-Difusión nos medios.
-De non surtir efecto, como representantes vosos, emprenderemos as accións legais que nos amparan para o resarcimento destas cuantías.
A última resposta do responsable de Fedesa foi que estaba efectuando os pagos.
Se a algún de vós non lle foi devolta a cota do curso 2020/21 o  vindeiro luns 14 de decembro, achegádenos un correo co nome do neno matriculado, grupo no que participa e cantidade adeudada.
Unha aperta.

Supervisión do servizo de comedor

Bos días, familias.
Queremos informarvos de que este ano, por motivos evidentes, non poderá haber xornadas de portas abertas no comedor.
Desde fai anos, levamos a cabo esta práctica para que coñezades de primeira man en que condicións se desenvolve o servizo e degustedes un menú completo. Víñase facendo ó longo de varias semanas e tiña unha gran acollida, xa que participaban non menos de 50-60 de vós.
Mantendo esa idea de supervisión do servizo, 3 membros da nosa directiva (un deles con formación nutricional) acudiron 2 días distintos e o resultado foi satisfactorio.
O cumprimento das directrices alimentarias da Xunta, respecto á comida, e do Protocolo Covid do centro, respecto ó servizo, é estricto.
Detectáronse pequenas cuestións mellorables (temperatura baixa dalgunha comida de culler, incorrecto nomeamento dalgún prato, utilización dalgún tipo de arroz que se apelmace menos…) e foron subsanadas pola empresa de Catering.
Queremos destacar que o grado de receptividade e interacción co Ruta Xacobea é moi positivo. Tamén a labor e organización dos monitores, traballando nunhas condicións mais complexas que as anteriores e cun número elevado de comensais.
Trataremos de non baixar a garda e mantervos informados.
Un saúdo.

Devolución cota baloncesto Fundación Fedesa.

Bos días, familias.
Adxuntamos o escrito obtido da Fundación Fedesa, froito da mediación solicitada por varias familias, para a devolución das cotas de baloncesto.
Lembramos que non é unha actividade xestionada por nós, pero podedes volver a contactarnos se non se cumpren os prazos indicados.
Unha aperta.

Rectificación

Boas, familias.
Queremos facer unha precisión respecto á ultima nova das xestións, no relativo ós purificadores.
Solicitamos prezos, comparamos eficacia segundo informes da OCU, valoramos potencia en relación coa dispoñible, pero no Consello Escolar do 13 de outubro non puido ser aprobado ou rexeitado, xa que foi no apartado de «rogos e preguntas», ó ser unha demanda de última hora de varios pais.
Debatiuse e non se valorou ó non haber demostración científica da súa eficacia.
Valoramos calquer aportación neste sentido.
Queremos poñer en valor a labor do Consello Escolar e recoñecer as súas dificultades nestes tempos de adaptación constante.
Unha aperta.

Xestións varias

Bos días, familias.
Aproveitamos esta vía para informarvos dun par de xestións realizadas, que aínda que alleas a nós, nos foron solicitadas por varios pais.
A devolución da matrícula de 80e realizada en xuño para a actividade de baloncesto que xestiona a Fundación Fedesa.
Foron moitos os pais que a solicitaron por varias vías (teléfono, correo e presencial) sen obter resposta e aumentando o seu malestar.
Contactamos con eles e a resposta foi que están agardando á concesión dalgún espazo para realizar a actividade por parte do Concello. Se non fora así, devolverían a cota no próximo mes. Trasladamos a idea de que a maioría dos pais non queren iniciar a actividade e solicitan a devolución íntegra. Estaremos pendentes.
A compra de purificadores de aire que substitúan as xanelas abertas nas aulas. Informámonos de prezos, eficacia, potencia, permisos de instalación… trasladámolo ó Consello Escolar do 13 de outubro e non foi aprobado.
O prezo dos aparatos estaría nos 360e (aparato e 2 filtros nun ano) que, multiplicado por 27 aulas, rondaría os 10.000e. Para evitar unha situación discriminatoria debería haber quorum entre todos os pais do centro, se quixeran custealo a nivel particular.
A eficacia, según un informe da OCU, de 28 de maio de 2020, é limitada e so serviría como complemento a outras medidas.
A potencia eléctrica dispoñible no centro é moi escasa. Fai 3 anos quixemos mercar un aparato de aire acondicionado para o comedor e tivemos que poñer uns ventiladores de baixa potencia, por este motivo. Cando hai festivais no pavillón (con altofalantes e aparellos electrónicos), hai que apagar outros doutras estancias.
Tal vez noutros centros mais pequenos ou sen estas limitacións se mercaron, pero no noso caso non é posible. Aínda así, informámonos, xestionamos a reclamación e trasladamos a resposta.
Unha aperta.